Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

José Ramón Ónega, nomeado Presidente de Honra do Centro Gallego de Madrid

Nun acto celebrado na entidade ao que asistiron, entre outros moitos, a ministra Ana Pastor e o presidente do Consello de Estado, Romay Beccaría
14 de novembro de 2013

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, foi nomeado onte á noite Presidente de Honra do centenario Centro Galego de Madrid, distinción que recibiu de mans do presidente do Centro, Fernando de Castro López-Vilarino. O acto tivo lugar no transcurso dunha cea celebrada nas instalacións da entidade á que asistiron, entre outros moitos, a ministra de Fomento, Ana Pastor, o presidente do Consello de Estado, Romay Beccaría, o maxistrado do Tribunal Supremo Ramón Trillo, o letrado maior do Consello de Estado, Leopoldo Calvo Sotelo, e o xornalista Fernando Ónega, ademais de maxistrados, políticos, catedráticos, representantes das principais entidades galegas en Madrid e familiares e amigos do homenaxeado. Tamén se citaron adhesións de, entre outros, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o exministro César Antonio Molina, o exalcalde de Madrid José María Álvarez del Manzano, o político Jorge Moragas, e os parlamentarios José Manuel Barreiro, José Blanco López e José Luis Rivera López.

Madrid, 15 de novembro de 2013. - O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, foi nomeado onte á noite Presidente de Honra do centenario Centro Galego de Madrid, distinción que recibiu de mans do presidente do Centro, Fernando de Castro López-Vilarino. O acto tivo lugar no transcurso dunha cea celebrada nas instalacións da entidade á que asistiron, entre outros moitos, a ministra de Fomento, Ana Pastor, o presidente do Consello de Estado, Romay Beccaría, o maxistrado do Tribunal Supremo Ramón Trillo, o letrado maior do Consello de Estado, Leopoldo Calvo Sotelo, e o xornalista Fernando Ónega, ademais de maxistrados, políticos, catedráticos, representantes das principais entidades galegas en Madrid e familiares e amigos do homenaxeado. Tamén se citaron adhesións de, entre outros, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o exministro César Antonio Molina, o exalcalde de Madrid José María Álvarez del Manzano, o político Jorge Moragas, e os parlamentarios José Manuel Barreiro, José Blanco López e José Luis Rivera López.

Ana Pastor resaltou o cariño e aprecio que sente por Ónega, con quen traballou en Interior, ao que se referiu como "un grande home e un bo amigo", de "prestixio profesional e larga e frutífera traxectoria" e do que dixo ter aprendido "que o entusiasmo e a dedicación son cousas importantes na vida". Tamén Fernando de Castro destacou, sobre todo, a súa amizade e colaboración co Centro Galego.

Como resaltou Ónega no seu discurso de agradecemento, este nomeamento "leva consigo unha cantidade infinita de afecto e un mundo entrañable de amizade". Un discurso no que fixo un acendido eloxio da galeguidade, con referencia expresa aos emigrantes, de cuxo "espírito de axuda e necesidade de apoio nacería este Centro Galego de Madrid fundado no ano 1892". "Ou sexa, que estamos a falar de 121 anos de antigüidade, de auxilio e axuda, de esforzo e solidariedade", subliñou, glosando un pouco a historia do Centro Galego e resaltando do mesmo que foi "sempre un lugar de encontro, repouso, morriña e espazo de cultural, irmandade e axuda aos galegos que remediaban aquí a morriña, combatían en ansia do retorno e soñaban o paraíso perdido".

Así mesmo fixo referencia expresa ao peso específico que na actualidade ten a galeguidade en Madrid, citando a presenza de importante galegos nos organismos oficiais e na Igrexa e aos centros e asociacións profesionais que constituíu, cuxos principais representantes se achaban no acto.

Un acto que estivo cargado de sorpresas para Ónega. Foi conducido polo locutor Elías Rodríguez, que o abriu lendo unha emotiva carta de Gonzalo Ónega, fillo do homenaxeado, cuxas obrigas como maxistrado-xuíz en Málaga lle impediron asistir á homenaxe, e o pechou dando paso á lectura doutra carta que lle dirixiron as súas netas, Esther e Alejandra, pero esta vez realizada por elas mesmas que, excepcionalmente, romperon os seus horarios para ser a sorpresa final de tan excepcional noite. Misivas ambas as dúas que emocionaron a Ónega e a súa muller, María Esther Coladas, que o acompañou.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes