Medios

  • (2848x4288px., 725 Kb.)
  • (2848x4288px., 663 Kb.)
  • (2848x4288px., 810 Kb.)
  • (2848x4288px., 748 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

José María Arias Mosquera, presidente do Banco Pastor e da Fundación Barrié, nomeado Membro de Honra de Iurisgama

Nun acto que tivo lugar na Casa de Galicia en Madrid
15 de marzo de 2012

A Asociación de Xuristas Galegos en Madrid (Iurisgama) nomeou Membro de Honra a José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié e do Banco Pastor, nun acto que tivo lugar, hoxe, na Casa de Galicia en Madrid, patrocinado polo Colexio de Avogados da Coruña, no que o galardoado recibiu do presidente da Asociación, Carlos Lema Devesa, a placa que lle acredita como tal.

Entre os asistentes ao acto achábanse o presidente do Tribunal Constitucional, Pascual Sala; o presidente da Sala 1ª do Tribunal Supremo, Juan Antonio Xiol Ríos; Ángel Ron Güimil, presidente do Banco Popular; o ex presidente do Tribunal Constitucional Álvaro Rodríguez Bereijo; o vicedecano do Colexio de Avogados da Coruña, Augusto Pérez Cepeda; maxistrados do Tribunal Supremo e directivos das entidades galegas en Madrid.

Madrid, 15 de marzo de 2012. - A Asociación de Xuristas Galegos en Madrid (Iurisgama) nomeou Membro de Honra a José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié e do Banco Pastor, nun acto que tivo lugar, hoxe, na Casa de Galicia en Madrid, patrocinado polo Colexio de Avogados da Coruña, no que o galardoado recibiu do presidente da Asociación, Carlos Lema Devesa, a placa que lle acredita como tal.

Interviñeron no acto o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, anfitrión deste, que dió a benvida á Casa; Carlos Lema Devesa, presidente de Iurisgama, que presentou ao galardoado despois de que o secretario da Asociación dese lectura á acta que recolle o nomeamento; Arias Mosquera, agradecendo a distinción; e o presidente do Tribunal Constitucional, Pascual Sala Sánchez.

O nomeamento, por unanimidade, como Membro de Honra de Iurisgama a José María Arias produciuse en agradecemento a "o seu xeneroso apoio ás actividades da asociación e, en particular, a súa valiosa contribución ao estudo dos temas xurídicos relacionados coa Comunidade Autónoma Galega, así como o seu permanente compromiso na defensa dos valores propios de Galicia e a súa decisiva achega á cultura galega".

Entre os numerosos asistentes ao acto achábanse, ademais dos intervenientes, o presidente da Sala 1ª do Tribunal Supremo, Juan Antonio Xiol Ríos; Javier O ´ Callaghan e Román García Varela, maxistrados do Tribunal Supremo; Ángel Ron Güimil, presidente do Banco Popular; o vicedecaano do Colexio de Avogados da Coruña, Augusto Pérez Cepeda; xuristas como Teresa Conde-Pumpido; o director da Fundación Barrié, Javier López Martínez; o ex presidente do Tribunal Constitucional Álvaro Rodríguez Bereijo; o director de El Correo Gallego, José Luis Barrera, e directivos das asociacións e centros galegos en Madrid como José Manuel Pérez Vázquez (Asomega), Julio Lage (Aegama), Enrique Santín e Carlos de Blas (Orde da Vieira), Ovidio Cadenas (Xuntanza de Galegos en Alcobendas) e María Lage (Centro Galego).

José María Arias Mosquera (1954, Santiago de Compostela) é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Dende setembro de 2001 ocupa a presidencia do Banco Pastor e a da Fundación Barrié dende 2009.

Iurisgama é unha entidade sen ánimo de lucro, constituída en 1996 e que agrupa a un numeroso colectivo de profesionais no campo do Dereito (maxistrados, xuíces, catedráticos, notarios, rexistradores, funcionarios, avogados, procuradores, etc.), que levan a cabo a súa vida profesional en Madrid. Para o desenvolvemento dos seus fins realiza distintas actividades como conferencias, seminarios, colaboracións con outras asociacións galegas e cea-coloquios, con ilustres personalidades do ámbito xurídico. Ademais, a Asociación outorga os Premios Monteiro Ríos e Iurisgama.

Así mesmo, Iurisgama distinguiu co nomeamento como membros de honra a ilustres personalidades que chegaron a ocupar altos cargos no mundo do Dereito (Álvaro Rodríguez Bereijo, ex presidente do Tribunal Constitucional; José Manuel Romay Beccaría, ex ministro de Sanidade e Consumo; Mariano Rajoy Brey, presidente do Goberno; Antonio María Rouco Varela, cardeal de Madrid; Emilia Casas Baamonde, ex presidenta do Tribunal Constitucional; Cándido Conde-Pumpido Tourón, ex fiscal xeral do Estado; Francisco Caamaño Domínguez, ex ministro de Xustiza; Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia) e, tamén, ao Senado de España.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes