Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Sabela Muñiz presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa segunda novela, "A porta de Europa"

De suspense, ambientada no mundo do narcotráfico galego, mestura realidade e ficción
Madrid, 9 de abril de 2015.

A escritora pontevedresa -de Vilagarcía de Arousa- Sabela Muñiz presentou hoxe na Casa de Galicia en Madrid a súa segunda novela, "A porta de Europa", publicada por Redelibros Editorial e escrita en galego. Unha novela negra, de suspense e ficción, innovadora, ambienta no mundo do narcotráfico galego, na que as verdadeiras intencións dos personaxes son unha incógnita ata derivar nun final inesperado e na que a realidade e a ficción se mesturan de modo que é complicado chegar a diferencialas.

En representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, Muñiz foi presentada polo coordinador de Actividades Culturais, Ramón Jiménez, quen explicou dela que é interiorista e restauradora de bens culturais, na especialidade de arqueoloxía, e autora de ensaios, relatos e da novela "Las puertas del alma", anterior á que se presentou.

Na presentación tamén participou a actriz María Tasende, que non puido asistir como tiña previsto pero enviou unha gravación achegando a súa visión da obra, "unha narración literaria cunha estrutura moi similar a un guión dunha serie". Tasende é moi coñecida por os telespectadores galegos por interpretar a Sara Campos na exitosa serie "Matalobos", cuxa trama xiraba en torno a varias familias relacionadas co narcotráfico.

Segundo a autora, "A porta de Europa" é unha "obra de ficción con base real na que se pode recoñecer perfectamente persoas, escenarios e situacións que definen e reflicten a sociedade galega".

Muñiz comentou o seu peculiar proceso creativo, do que xurdiu a novela, e informou do seu último proxecto, no que deixa de lado a ficción para embarcarse nunha nova etapa como escritora: "Micromundos literarios", que definiu como "sensacións, sentimentos e reflexións que cobran vida a través das palabras e que nacen das vivencias e coñecementos adquiridos ao longo dos últimos anos".

Na presentación tamén se escoitaron algúns dos audiorelatos que pódense encontrar na páxina da novela, aportadeeuropa.tumblr.com.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes