Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Milagros Frías presenta na Casa de Galicia a súa última novela, "Amor en un campo de minas"

Estivo acompañada polos escritores Clara Sánchez e Fernando Marías, o editor Miguel Ángel Matellanes e o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega
30 de outubro de 2013

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación da novela “Amor en un campo de minas”, da escritora e xornalista Milagros Frías, gañadora da XXI edición do Premio Torrente Ballester con “El verano de la nutria”. A obra foi editada por Algaida e na presentación interviñeron, ademais da autora, o editor, Miguel Ángel Matellanes, os escritores Clara Sánchez e Fernando Marías e o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega.

Madrid, 30 de outubro de 2013.- A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación da novela “Amor en un campo de minas”, da escritora e xornalista Milagros Frías, gañadora da XXI edición do Premio Torrente Ballester con “El verano de la nutria”. A obra foi editada por Algaida e na presentación interviñeron, ademais da autora, o editor, Miguel Ángel Matellanes, os escritores Clara Sánchez e Fernando Marías e o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega.

Para Ónega, esta última novela de Milagros Frías é “forza, poder narrativo, esplendor de estilo” e nela “o narrado ten o son da creación que non morre, que describe, que namora”. Destacou ademais que xunto co seu marido, o tamén xornalista e escritor Ramón Pernas, Frías compón "unha parella de narradores excelsos". Pernas estivo entre os asistentes ao acto, así como o catedrático de Dereito Mercantil José Manuel Otero Lastres.

Os escritores Sánchez e Marías comentaron diversas pasaxes do libro. Sánchez apreciou que a protagonista da novela, Sofía, “vive unha baixada aos infernos, ten que loitar contra moitas cousas que lle van acontecer nesa viaxe”. Tamén mantivo que é unha novela negra que está impulsada polo amor. Marías formulou que “pode ser unha novela sobre a busca do propio ser” e que “o feito atroz que sucede desencadea unha ruptura da protagonista consigo mesma”.

A autora di desta obra que cree que “é unha novela de amor e ten a atmosfera da novela negra, que me gusta moito cultivar”, e na que o ton último é vitalista. Defínea “como unha novela que fala de sentimentos, con personaxes que sorprenden saíndose do trillado e nos fan cómplices das súas peripecias e avatares”. “Gústame o risco, que se note que o sangue corre polas veas, os cambios radicais de vida, as sorpresas”, di Frías da súa forma de traballar.

En “Amor nun campo de minas” a autora aposta novamente pola imaxinación e a aventura para exorcizar os fantasmas do tempo que converten en memoria ata o pasado máis próximo. Personaxes inesquecibles, viaxes imprevistas e sentimentos contraditorios estimulan o xeito no que a protagonista encara un destino adverso.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes