Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa de Galicia acolle a presentación da novela "No llores por mí, Argimira", do escritor ferrolán Santiago Díaz-Pache

Publicada pola editoria Sial-Pigmalión
Madrid, 7 de abril de 2016.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación da novela "No llores por mí, Argimira", do escritor ferrolán Santiago Díaz-Pache, publicada polo grupo editorial Sial-Pigmalión.

Na presentación interviñeron, ademais do autor, Juan Antonio Corbalán Alfocea, deportista de elite e cardiólogo, Basilio Rodríguez Cañada, presidente do Grupo Sial Pigmalión e, en representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega López, o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen lembrou que Díaz-Pache tamén presentou na Casa o seu anterior libro, "Anónima Sociedad", "desde a intelixencia e o humor máis fresco" que atribuíu así mesmo a "esta nova entrega con nome de tango".

Tamén se leron unhas liñas sobre a obra de Díaz-Pache remitidas polo xornalista José María Carrascal, que non puido asistir á presentación como estaba previsto debido ás consecuencias dunha caída. Carrascal referiuse á obra "como unha novela aparte", "unha obra estraña, singular, distinta de principio a fin, sen pretendelo".

Rodríguez Cañada explicou que esta novela "é un conxunto de relatos cos que [Díaz-Pache] constrúe un microcosmos literario no que resulta relaxante, terapéutico e útil zambullirse, para eliminar as impurezas coas que nos saturamos no noso particular devir diario".

Corbalán opina que, "con bo gusto, a ironía é unha marabillosa forma de expresión do humor" e aprecia que este libro, cuxa portada preside o retrato dun mono, "aparece preñado de ironía como adorno literario" intuíndo que "o autor fai ironía da boa e esconde unha mensaxe para que os listos traballen un pouco. Non é que sexa o mono o que pode humanizarse, algo xa demostrado pola ciencia, senón, e aí está a ironía, como o home foi capaz de afastarse tanto da sensibilidade do seu devanceiro". "A tranquilidade é a característica primordial dun certo escepticismo e tamén rezuma en Santiago. Cando se viviu un pouco, unha dos ensinos do vivir é que nunca pasa nada, e mesmo cando pasa, nunca pasa nada", engade sobre o autor.

Pola súa banda, Díaz-Pache resumiu respecto desta obra que "´Non llores por mí, Argimira´ podémola definir como unha novela de amor con humor". "Sei que o amor e a tenrura non están de moda, mesmo poderiamos dicir que están mal vistos, pero a min gustoume sempre ir contracorriente. Tamén é unha novela histórica, pois narra a fundación do pobo de Fuencinas no século VIII, que é onde logo, no XX, discorre a obra. A relación de dous mozos namorados é o fío condutor da vida do pobo, onde viven máis personaxes coas súas peculiares historias. Pero sobre todo é un cántico á segunda oportunidade que todos deberiamos ter nesta vida", explicou.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes