Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

O xornalista e escritor José de Cora presenta na Delegación da Xunta en Madrid a súa última novela, "Te llamaré Muerto. Valle Inclán y Acevedo en la Casa del Demonio", publicada por Edhasa

A trama desenvólvese en Allóns/Ponteceso (A Coruña), ata onde van tres históricos pontevedreses para investigar os feitos
Madrid, 22 de febreiro de 2018.

O xornalista -director xeneral do diario El Progreso, de Lugo- e escritor José de Cora presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a súa última novela, "Te llamaré Muerto. Valle Inclán y Acevedo en la Casa del Demonio", unha novela publicada por Edhasa que está dacabalo entre o histórico, o costumista e o esotérico, baseada en feitos reais e que transcorre na Galicia profunda de principios do século XX. Acompañaron ao autor na presentación José Manuel Romero, conde de Fontao; Daniel Fernández, editor e presidente de Edhasa, e o delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, e entre os numerosos asistentes ao acto achábanse os deputados por Lugo Joaquín García Díez e Jaime de Olano e os xornalistas e escritores Carlos G. Reigosa, Ramón Pernas e José María Carrascal.

Ónega presentou a De Cora resaltando os seus méritos e recoñecementos no xornalismo, a literatura e o cinema e afirmou que esta novela é unha nova proba do seu talante e coraxe narrativo, "un relato importante, ben construído, que describe un mundo estraño e á vez próximo, dacabalo entre o histórico, o costumista e o esotérico" que está baseado "en feitos reais que enfronta supersticiones a vangarda científica, carne a espírito, vivos a mortos". Tamén que neste libro De Cora "describe maxistralmente a Galicia profunda de principios do século XX". Referiuse así mesmo ao estilo do autor como "áxil, directo e sorprendente", que "engancha ao lector e cativa coa súa excelente forma de narrar e os temas que escolle para construír mundos sorprendentes e máxicos".

Daniel Fernández falou do proceso de edición do libro, que cualificou de " paradigmático", comentou algúns aspectos da obra, e referiuse a Valle Inclán e a Galicia, ao que dela aparece na novela, "esa Galicia profunda de mitos e supersticiones que tanto chama a atención e interesa", e o que diso aparece no libro, que considerou destinado a "interesados na novela histórica, na Historia de Galicia e tamén na meigas e fenómenos estraños".

Para o conde de Fontao esta "é sen dúbida a obra máis galega de José de Cora".  "´Te llamaré muerto´ é unha novela preñada de Galicia para o goce universal, onde interveñen os principios máis elementais do home, pero tamén os máis misteriosos e descoñecidos. É intrigante e suxestiva, pero ao mesmo tempo terriblemente divertida e con continuas propostas de tramas que atrapan ao lector", valorou. "Iso, sen esquecer a homenaxe que se lles rende a eses tres xeniais pontevedreses, especialmente a Otero Acevedo, o menos coñecido dos tres", engadiu, en referencia os investigadores dos feitos no relato, Acevedo, Valle Inclán e Lalín Tobío.

José de Cora concentrou o argumento da novela referindo que mediado o ano 1900, nunha casa de Anllóns/Ponteceso (A Coruña) comezan a producirse fenómenos que escapan ás leis físicas. O caso non só chama a atención dos veciños, senón moi especialmente da Igrexa e de tres personaxes que por distintos motivos van coincidir alí para investigalos, curiosamente, os tres de Pontevedra. Eses tres personaxes son Manuel Otero Acevedo, médico e espiritista, "unha figura mundial en neurocirugía hoxe inxustamente esquecido"; Ramón María del Valle Inclán, escritor de influencias universais, "cada día máis valorado", e Prudencio Landín Tobío, avogado e xornalista, "hábil xurista de éxitos continuos en estrados".

"Esta é a proposta literaria de ´Te llamaré Muerto´ para desenvolver daquela unha historia moi ambiciosa onde se dan cita as principais dualidades do home. A carne e o espírito, Deus e o Diaño, a opulencia e a pobreza; a honra e o crime, o sacro e o profano, o sexo e a abstinencia, os vivos e os mortos... Na Galicia de sempre ocorren cousas que xamais sucederan", expuxo De Cora.

O lucense José de Cora leva asinados unha gran variedade de libros desde 1976 como "Ideologías para un rey", "Manual del perfecto político" ou "Guía de Lugo". Como novelista é autor de "Secuestro y fonda de Cela en Contamina", "La verdadera historia del último inquisidor y el maravilloso Oráculo de la Vida", "Pecados manuais", "La navaja inglesa" e "El estornudo de la mariposa", que foi adquirida para ser levada ao cinema. Actualmente publica por entregas unha longa historia criminal de Lugo e Pontevedra. Ademais, é autor de guións cinematográficos e produce series documentais.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes