Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

O delegado da Xunta en Madrid asistiu ao Senado á entrega do Premio Montero Ríos de IURISGAMA outorgado a Otero Lastres

A Asociación de Xuristas Galegos en Madrid celebrou hoxe a XVIII edición do prestixioso reconocimieto
Madrid, 28 de novembro de 2019

A Asociación de Xuristas Galegos en Madrid, IURISGAMA, celebrou esta mañá a entrega dos seus máximos galardóns, os Premios Montero Ríos e o Premio IURISGAMA, que recaeron respectivamente en José Manuel Otero Lastres e en Jesús Souto Prieto. Ao acto asistiu, en representación institucional, o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega.


 

O presidente de IURISGAMA, o compostelán Carlos Lema Devesa, catedrático de Dereito Mercantil da Universidade Complutense de Madrid e avogado, foi o encargado do desenvolvemento de todo o acto e tamén de esbozar a traxectoria profesional dos premiados.

José Manuel Otero Lastres é profesor catedrático Honorífico de Dereito Mercantil da Universidade de Alcalá de Henares, ademais de escritor e colaborador con diferentes medios, especialmente galegos. Lema Devesa destacou tamén a súa faceta como Directivo do Real Madrid.

Pola súa banda, o Premio "IURISGAMA" foi outorgado a Don Jesús Souto Prieto, que foi Maxistrado da Sala Cuarta do Tribunal Supremo, sendo presentado por D. Ramón Trillo Torres, Expresidente da Sala Terceira do citado Tribunal, que subliñou non só o labor xudicial ao longo de toda a vida do premiado como maxistrado, senón tamén o seu labor científico.

Jesús Souto Prieto, foi Maxistrado da Sala Cuarta do Tribunal Supremo, sendo presentado por D. Ramón Trillo Torres, expresidente da Sala Terceira do citado Tribunal, e que ademais do seu labor xudicial destracóo tamén pola científica.

O Salón dos Pasos Perdidos do Senado acolleu a celebración desta xa décimo oitava edición coa asistencia de máis dun centenar de invitados, de todos os ámbitos da vida pública madrileña, especialmente do ámbito xurídico.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter