O delegado da Xunta en Madrid acudiu á entrega dos XXV Premios Pelayo

José Ramón Ónega asistiu ao acto en representación institucional
Madrid, 14 de novembro de 2019.

O delegado do a Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega asistiu á entrega dos "XXV Premio Pelayo para Xuristas de Recoñecido Prestixio" que se realizou no transcurso dun solemne acto que tivo lugar no Casino de Madrid. O Salón Real acolleu a cerimonia que foi retransmitida en streaming e por circuíto interno para os preto de 700 invitados que ocuparon todos os salóns da case bicentenaria institución madrileña.

O Presidente do Tribunal Constitucional, D. Juan José González Rivas, fixo entrega do galardón a D. Antonio Garrigues Walker.

Participaron desde a Mesa Presidencial: o Presidente do Tribunal Constitucional; a Ministra de Xustiza; o Alcalde de Madrid; a Presidenta do Consello de Estado; a Presidenta do Tribunal de Contas; o Defensor do Pobo; o Presidente do Xurado do Premio Pelayo e Conselleiro Permanente de Estado; e o Presidente de Pelayo. Ademais, esta 25 edición contou coa Presidencia de Honra de S.M. o Rey.

Entre os asistentes atopábanse personalidades de recoñecido prestixio entre as que figurou o Xurado en pleno, e unha nutrida representación dos diferentes ámbitos da vida pública, políticos, xurídicos e empresariais, así como ilustres xuristas do Consello Xeral do Poder Xudicial, Tribunal Supremo, Tribunal Constitucional, Consello de Estado, Fiscalía, Audiencias, Parlamentarios, Reitores de Universidade, Letrados e Procuradores dos máis prestixiosos despachos, máximos representantes da Universidade, da política, así como da sociedade e do mundo empresarial.

D. Antonio Garrigues Walker, no seu discurso como galardoado, fixo un percorrido sobre o papel do mundo xurídico na situación actual, lembrando as palabras de S.M. o ReI en Cuba, que evidenciaban a importancia do Estado de Dereito na sociedade actual, tendo en conta que o dereito está presente en todos os aspectos da vida.

Para finalizar, D. José Boada Bravo, Presidente do Grupo Pelayo, convocou a XXVI Edición do Premio Pelayo para Xuristas de Recoñecido Prestixio.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes