A Casa acolleu a presentación da novela "El códice de Clara Rosenberg" da xornalista Magdalena del Amo

No acto, presidido por José Manuel Romay, presidente do Consello de Estado, interveu Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia
Madrid, 19 de setembro de 2016

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación do libro "El  códice de Clara Rosenberg", de Magdalena del Amo, publicado por La Regla de Oro. No acto, presidido por José Manuel Romay, presidente do Consello de Estado, interviñeñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega; os escritores Enrique Gallud Jardiel e Salvador Freixedo; o presidente do Parlamento de Galicia Miguel Santalices; e a propia autora, Magdalena del Amo.

 

Para Ónega, a novela "conta, de entrada, co atractivo de que se desenvolve nun dos escenarios máis interesantes de cuantos póidanse elixir como é o Camiño de Santiago. Ten, por tanto, xa, todos os ingredientes posibles para resultar fascinante: lendas, paisaxes, historia, monumentos e ademais unha historia de amor,  -que non podía faltar-, con celos, traizón e misterio. Un cóctel que presaxia que o entretemento está asegurado, como un Codex Calixtinus dos nosos días".

Para Gallud, o que máis lle chamou a atención do libro é "o transfondo transformador do Camiño", a maneira na que modifica aos que o fan, como "unha alquimia en movemento, que produce cambios drásticos nun mesmo e nas relacións cos demais". "Non é, pois, meramente unha historia interesante e ben contada, senón unha reflexión, unha meditación sobre o humano e o influxo que sobre el exercen as forzas invisibles da natureza", dixo.

Para Freixedo, no libro hai dous aspectos diferentes que se complementan: "a trama novelesca, e o marco onde está ambientada". En canto á trama, confesou, que aínda non sendo lector de novelas, por circunstancias da vida asistiu "a toda a xestación desta" e lle intrigaba ver cómo a autora ía dado saída a certas circunstancias difíciles nas que se ven envolvidos os protagonistas. "A acción ten enganche e un séntese atraído por cómo se vai desenvolvendo o acontecer cotián ao longo das etapas".

Pola súa banda, Miguel Santalices, valorou a experiencia xornalística da autora, e tamén a súa "inesgotable curiosidade intelectual, que se traduce nunha creatividade desbordante, como os lectores terán ocasión de comprobar na novela que combina erudición, misterio, sentimentos, e unha descrición minuciosa de gran parte do Camiño", afirmou Santalices. Por iso, ao seu xuízo, "estamos ante unha novela, pero tamén ante unha guía novelada do Camiño de Santiago, froito da habilidade narrativa e da erudición da súa autora".

Magdalena del Amo resumiu a trama: "A xornalista Clara Rosenberg emprende o Camiño de Santiago cun grupo de amigos e o seu exmarido, Sergio Santamarina, escritor de novelas de misterio, con quen acaba de romper por mor dunha infidelidade. O propósito de Sergio é reconquistar a Clara, pero todo se complica coa chegada de George, un antigo amor dela. Entre visitas culturais, longas camiñadas baixo o sol, comidas e faladoiros nocturnos, o grupo verase envolvido nun asasinato, cuxo móbil é unha emblemática obra de arte roubada dun museo, un obxecto de poder que ten en xaque á Interpol. Isto levaraos a coñecer as interioridades das mafias que controlan o tráfico de arte subtraída. O ambiente máxico e indescritible, unido aos escollos que teñen que superar, convirten a peregrinación en toda unha aventura. Non se trata dun thriler, senón dunha historia que discorre lenta como as etapas do Camiño, entre monumentos e campos de xirasois".

Para o presidente do Consello de Estado, que pronunciou unhas palabras para pechar o acto, tras recoñecer "as brillantes exposicións" de cada un dos intervenientes, resaltou especialmente o feito de que o libro de Magdalena se desenvolva no Camiño, "algo que sen dúbida contribuirá  á súa difusión, á vez que deleitar moito aos lectores".

Magdalena del Amo é xornalista é escritora. Convencida de que "case nada é o que parece" "lema do seu blogue magdalenadelamo.es", gústalle indagar no que non se conta, e ir máis aló da noticia. A análise política e social, o mundo do misterio e a defensa da vida son os tres alicerces fundamentais que sustentan a súa actividade xornalística, sempre trepidante e contracorriente. Publicou decenas de reportaxes en revistas nacionais e internacionais, dirixiu e presentou programas de televisión e é autora de nove libros, entre eles Los habitantes ocultos del planeta, Abducións y La dignidad de la vida humana. Con "El Códice de Clara Rosenberg" estréase como novelista. O mundo do libro resúltalle tan atractivo e fascinante, que decidiu afrontar o reto de converterse en editora.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes