Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Máis de medio centenar de persoas acudieron á presentación do libro "Nacer del fuego" da poeta coruñesa afincada en Madrid, Pepa Nieto

A obra presentada na Casa de Galicia recolle poemas eróticos inéditos e tamén reúne os xa publicados en libros anteriores
Madrid, 18 de xaneiro de 2016

Máis de medio centenar de persoas acudiron á Casa de Galicia, sede da Delegación da Xunta  en Madrid, esta tarde á presentación do libro "Nacer del fuego" de la polifacética artista coruñesa Pepa Nieto. A obra componse de dúas partes claramente diferenciadas. Na primeira están os poemas eróticos inéditos mentres que na segunda están reunidos os xa publicados en libros anteriores da mesma temática.

A presentación do acto correu a cargo do coordinador de Actividades da Casa Ramón Jiménez, quen o fixo en nome do delegado da Xunta e director da Casa José Ramón Ónega, e contou coas intervencións do profesor e escritor José Montero Padilla, o editor Juan José Martín e a propia autora

Jiménez lembrou nas súas palabras que Pepa Nieto ten "vocación de artista total, pois á súa condición de poeta de recoñecido prestixio, con numerosos libros de calidade (algúns dos cales se presentaron nesta mesma sala) debe engadirse a súa faceta, non menos importante, de escultora de exquisita sensibilidade". Sinalou ademais que Pepa Nieto é xa "un nome de referencia na vida cultural madrileña, á que vén achegando desde hai anos o faladoiro Arco poético, polo que van pasando aos poucos as mellores voces da lírica que podamos atopar".

Para o coordinador, Nacer del fuego "é un poemario dunha gran carga erótica, un libro carnal e apaixonado, unha verdadeira celebración da sensualidade".

Pola súa banda o editor Juan José Martín, tras os agradecementos, especialmente á Casa de Galicia pola "súa sempre cariñosa acollida", destacou o feito de que a autora "seleccionase de toda a súa ampla produción precisamente a poesía erótica, que ten unha forza especial". 

Para o doutor en Filoloxía Románica, escritor e profesor da Complutense José Montero Padilla, Pepa Nieto é "unha poeta verdadeira". Utiliza "expresións expresivas desa realidade de sentimentos que tan diversos poden ser e que conflúen nesa palabra, amor".

Pola súa banda a autora mostrouse moi ilusionada con este novo libro do que leu varios poemas, porque é "unha obra, digamos, arriscada". Destacou tamén a beleza das súas ilustracións, realizadas pola nova Diana Lores.

Ademais e como homenaxe aos moitos galegos que acudiron ao acto recitou en galego Isto é o norte, dedicado a Galicia, do seu libro Antes y después, el mar. Para rematar, e do mesmo libro seleccionou o que escribiu á súa nai cando a ingresaron no hospital por primeira vez, ao que acudiu só dúas veces na súa longa vida de 98 anos e medio. "É un agasallo que quero renderlle", dixo "por cumprirse o primeiro aniversario do seu falecemento dentro duns días", aínda que a emoción lle impediu facelo, e foi Ramón Jiménez o que se encargou de recitalo no seu nome.

O acto terminou coa firma de moitos exemplares do libros por parte da autora.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes