Medios
- Na mesa, Carlos Reigosa, José Ramón Ónega, Afonso Eiré, e Francisco R. Iglesias, de esquerda a dereita. (3396x4716px., 426 Kb.)
- Na imaxe, Carlos Reigosa, Afonso Eiré, José Ramón Ónega, e Francisco R. Iglesias. (3360x4667px., 459 Kb.)
- A mesa con parte do público que acudiu á presentación do libro de Eiré. (3093x4296px., 449 Kb.)
- Afonso Eiré posa sorinte coas dúas edicions do seu libro, en galego e castelán. (3071x4265px., 359 Kb.)
- O autor firmando exemplares. (3334x4630px., 414 Kb.)
- Eiré, firma exemplares de ambas edicións. (3456x4800px., 444 Kb.)
Presentado na Casa o libro "O Piloto, el guerrillero" de Afonso Eiré
A Casa de Galicia, sede da delegación da Xunta de Galicia en Madrid, acolleu esta tarde a presentación do libro “O Piloto, el último guerrillero” de Afonso Eiré, publicado por Hércules de Edicións agora en castelán. A obra é unha biografía novelada e moi documentada sobre o lucense Xosé Luís Castro Veiga, O Piloto, o último guerrilleiro morto en combate, fai diso 50 anos.
No acto, presidido polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López, interviñeron o editor Francisco Rodríguez Igrexas; o xornalista e escritor Carlos González Reigosa; e o propio autor, Afonso Eiré López.
Para Ónega, “a obra de Eiré cumpre o que Massillon esixía a todo libro: a conveniencia de meditar despois de lelo”. E engadiu que “O Piloto, el último guerrillero” é parte da nosa historia. Coñecer a historia é coñecernos a nós mesmos: o que somos e o que fomos”, dixo.
Pola súa banda, o editor Francisco Rodríguez Iglesias centrou as súas palabras na estancia de O Piloto na casa do seu avó materno e a experiencia que este feito supuxo. “Daquela eu tiña unhos dez anos e non souben nada ata que morreu Franco”, dixo. “Eu por aquel entón tería dez anos, pero non souben quen era ata que morreu Franco, e a idea era dun home valente pero tremendo”, contou. “Desas cousas non se falaba ou se facía en baixiño porque había medo, mesmo ata agora. Tivo que saír o libro para que unha tía miña dixese que tamén ela podería achegar datos”.
Para Carlos Reigosa, trátase dunha obra “interdisciplinar na que hai biografía, novela e a complexa realidade histórica, de Galicia, de España, e mesmo o contexto internacional, para a análise política e o debate ideolóxico”. Reigosa falou tamén do aspecto persoal do protagonista, mesmo da súa historia de amor con Mirelle, a quen puido entrevistar e pasar con ela un día enteiro no que lle revelou moitas das súas vivencias.
Mentres, para Afonso Eiré, “Xosé Castro Veiga O Piloto non é famoso por ser o último guerrilleiro morto en combate senón porque xa en vida era un mito que estaba en coplas, cancións e devanditos populares, ata converterse nunha creación popular”. Subliñou ademais como a guerrilla galega foi “a primeira en organizarse e dela copiaron os movementos antifranquistas doutras partes do estado e tamén os maquis”. Eiré engadiu que foi a última en claudicar, polos seus especiais características, diferentes das formadas noutros lugares, xa que “non facían vida no monte, senón que se aloxaban nas casas e tiñan un forte apoio popular”.
O que fose director de A Nosa Terra durante máis de tres décadas, puxo de manifesto na súa explicación como “O Piloto seguiu na loita porque o pobo necesitábao para impedir tropelías e vinganzas da Falanxe e a Garda Civil, pero tamén porque cría a propaganda de Carrillo de que a folga xeral derrubaría a Franco”.
O Piloto, el último guerrilleroé unha edición en castelán realizada grazas ao éxito editorial logrado nas diferentes feiras polo libro en galego, do que xa saíu a segunda edición.
Departamento: Prensa