Medios

  • (2848x4288px., 793 Kb.)
  • (2848x4288px., 907 Kb.)
  • (2848x4288px., 859 Kb.)
  • (2848x4288px., 799 Kb.)
  • (4288x2848px., 733 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

O compositor Rubén L. Someso presentou en Madrido CD de música de cámara, "Orquesta de corda, piano e clarinete baixo"

É o primeiro disco do creador coruñés
Madrid, 13 de febreiro de 2012.-

A delegación da Xunta acolleu esta tarde a presentación en Madrid do CD de música de cámara "ORQUESTRA DE CORDA, PIANO E CLARINETE BAIXO", do compositor da localidade coruñesa de Arteixo, Rubén L. Someso. Este é o primeiro disco, de Rubén L. Someso, distribuído pola compañía iTinerant Record, que recompila as creacións realizadas entre os anos 2002 e 2010, e que inclúe tres obras para piano só, unha obra para clarinete baixo só, unha para piano e percusión, e unha obra para orquestra de corda.

No acto interviñeron a coordinadora de Actividades de La Casa, Ana Rodríguez Barrena, o director do selo discográfico e editor do disco, iTinerant Classics¸ Gerardo Tornero; eldirector de orquestra, compositor e pianista, Manuel Tevar; e a directora do departamento de Xestión Cultural do Instituto Complutense de Ciencias Musicales, Fátima Anllo, quen deu paso a cada un dos integrantes da mesa.

Na presentación proxectáronse diferentes imaxes e breves interpretacións musicais para ilustrar o traballo do autor.

Rubén Luis Someso estudou piano no conservatorio da Coruña da man do concertista Julio Mourenza. En 2003 desprazouse a Zaragoza, subvencionado pola Deputación Provincial desa cidade, para comezar a carreira de composición baixo a cátedra de Teresa Catalán, e dous anos despois, grazas ao seu expediente académico chega ao Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, onde se licencía en Composición Xeneral.

Recibiu clases de compositores como Antón García Abril, Agustín Charles Soler, Fabián Panisello, Albert Llanas, Benet Casablancas, Albert Sardá, Erric Ferrer, David Paul Graham, William Sweeney, Manfred Trojahn, e David del Puerto, entre outros.

En canto á súa actividade creadora, conta no seu haber con máis de quince estreas de obras, que se seguen interpretando tanto en España, coma en Holanda (Rótterdam) e Alemaña (Berlín).

Actualmente, compaxina o labor de docente coa creadora -persoal e por encarga-, así como a de dirección, xestión e produción de ciclos de concertos, tanto para entidades públicas como privadas; sen esquecer a súa faceta de articulista, colaborando en varias publicacións especializadas.
Polo seu interese na promoción e produción musical, dende o ano 2007 é presidente e fundador da Asociación Cultural Galaica Música, asociación enfocada cara á música contemporánea, que promove e organiza concertos e estreas de obras por toda a xeografía española.
Os intérpretes do CD presentado na Casa son: o pianista, JAVIER VÁZQUEZ GRELA; o clarinetista, XESÚS SÁNCHEZ MONTEIRO; o dúo de percusión e piano KLARIMBA; e a nova orquestra ECDA, dirixida por Manuel Tévar. Tamén conta con textos da escritora e poeta, Lucía Vilches.

Máis información: www.rubensomeso.com.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes