Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A "Guía Ilustrada das Igrexas de Santiago de Compostela" con textos de Marta González e ilustracións de Joaquín González Dorao presentouse esta tarde na Casa de Galicia en Madrid

Ao acto, no que interveu o secretario xeral de Política Lingüística, asistiron a presidenta do Congreso Ana Pastor e numerosos deputados entre os que se atopaban aos galegos Pilar Rojo e Jaime de Olano
Madrid, 15 de novembro de 2017

A edición en galego da "Guía Ilustrada das Igrexas de Santiago de Compostela" con textos da historiadora Marta González e acuarelas de Joaquín González Dorao, publicada por El Patito Editorial, presentouse esta tarde na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia. Ao acto asistiu a presidenta do Congreso, Ana Pastor, así como numerosos deputados compañeiros da autora, entre eles aos galegos Pilar Rojo e Jaime de Olano.

A edición en galego da "Guía Ilustrada dás Igrexas de Santiago de Compostela" con textos da historiadora Marta González e acuarelas de Joaquín González Dorao, publicada por El Patito Editorial, presentouse esta tarde na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia. Ao acto asistiu a presidenta do Congreso, Ana Pastor, así como numerosos deputados compañeiros da autora, entre eles aos galegos Pilar Rojo e Jaime de Olano.

Interviñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega; o secretario xeral de Política Lingüística Valentín García; a historiadora Marta González Vázquez, o ilustrador Joaquín González Dorao e a editora Gemma Sesar.

Ónega explicou as características do libro, coeditado polo Consorcio de Santiago e a editora El Patito Editorial,  "un volume de sesenta e catro páxinas, en tapa dura cunha coidada edición, que recolle os templos da zona vella máis destacados pola súa historia ou pola súa arquitectura. Conta cos magníficos textos de Marta González que son pinceladas para colocar cada obra no seu contexto histórico e artístico, e as estupendas acuarelas do ilustrador gaditano afincado en Madrid Joaquín González Dorao, que ofrece unha visión viva e fresca de cada lugar, e en especial dos detalles que máis lle chamaron a atención".

O responsable de Política Lingüística Valentín García, destacou "o interesante itinerario que propón esta nova e fermosa guía ilustrada en galego" que, en palabras do secretario xeral, " amósanos con detalle as abundantes igrexas que configuran a paisaxe artística e cultural compostelá que enchen de beleza o centro histórico da capital de Galicia e recuperan as súas particulares historias". 

Marta González sinalou que Santiago ten unhas 40 igrexas e que "a selección resultou moi difícil". Lembrou a Stendhal cando xa nas súas "Crónicas Italianas" avisaba sobre os problemas de "ter que velo todo" e que en realidade ese desexo "incapacita para gozar de nada". Por iso a idea que hai detrás dos seus textos é precisamente "non angustiar ao lector con nomes imposibles de arquitectos, escultores, pintores, arcebispos e datas" e achegar a información esencial e curiosa, "reducida e a mínima imprescindible", a que a ela lle gustaría que lle contasen.

Para o ilustrador, o que máis lle gustou de debuxar igrexas foi o facelo en interiores. "Son lugares que, independentemente das túas crenzas, axúdanche a relaxarte, a observar, e fan de oasis na atarefada vida urbana. Os bancos son un magnífico lugar para sentarte, gozar e debuxar con calma e acougo".

Pola súa banda Gemma Sesar sinalou que esta guía xurdiu da preocupación, tanto do Consorcio de Santiago como da editorial, "para poñer en valor os monumentos da cidade". Por iso decidiron reproducir en imaxes especialmente os templos que grazas ao Consorcio están a rehabilitarse e acondicionarse "para que os cidadáns e visitantes poidan achegarse a eles e admirar este patrimonio que nos rodea aos composteláns e que, ás veces descoñecemos". Engadiu ademais, que a guía edítase en galego, español, inglés e alemán, "porque queremos que Santiago se coñeza máis a fondo e poida chegar á maior cantidade de puntos do mundo".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes