Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Un proyecto solidario que aunará no Camino de Santiago o deporte e a solidaridade e difundirá os valores xacobeos

Nava Castro presentou hoxe ‘El Reto del Camino' na Casa de Galicia en Madrid
Madrid, 29 de xuño de 2015.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou hoxe o proxecto ‘El reto del Camino’, na Casa de Galicia en Madrid. A presentación contou tamén coa participación do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega; da directora de Tee Travel, Mar Rodríguez; e da protagonista do reto, a ultramaratoniana Mariluz Viñas.

A través da iniciativa esta peregrina de excepción realizará o incrible reto de percorrer en 15 etapas, correndo sen descanso, 52 quilómetros ao día do Camiño de Santiago, dende St. Jean Pied de Port ata Santiago de Compostela.

Así, dende o 27 de setembro ao 11 de outubro, a corredora que cumpre este ano 52 anos  -de alí a cifra elixida para superar cada día- percorrerá máis de 750 quilómetros da Ruta Xacobea e o fará por un fin solidario. Cada quilómetro superado converterase nun euro destinado á Fundación St. Jude, unha institución dominicana sen ánimo de lucro que apoia espiritual, emocional e economicamente a nenos con cáncer.

Durante a presentación, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou o valor desta iniciativa que, segundo sinalou, combina os valores do Camiño de Santiago – identidade histórica, espiritualidade, intercambio cultural e valor patrimonial- cos do deporte e a solidariedade.

A responsable de Turismo da Xunta sinalou que o Camiño de Santiago ten cada vez máis adeptos seguindo unha forte progresión ascendente no seu número de peregrinos. Ademais, Nava Castro destacou a tendencia actual mostra un importante incremento de peregrinos estranxeiros ata tal punto que xa son máis numerosos que os nacionais. “Deste xeito, o Camiño converteuse no noso principal elemento captador de turismo internacional”, explicou.

Neste senso, a directora de Turismo de Galicia destacou que dos mais de 89 mil peregrinos que chegaron xa no que vai de ano a Compostela, máis do 62% foron estranxeiros. “Estas cifras demostran que o Camiño de Santiago está en pleno auxe e actualidade e reflicten a gran capacidade da Ruta Xacobea para atraer turistas a nivel internacional”, explicou Nava Castro.

Neste senso, a directora de Turismo de Galicia asegurou que “o proxecto contribuirá a continuar promocionando o principal recurso turístico e cultural de Galicia a nivel internacional”.

Para finalizar, Nava Castro animou a todos a apoiar a Mariluz Viñas no seu espectacular reto camiñando xunto a ela nas diferentes etapas que percorrerá do Camiño de Santiago.

Pola súa parte, o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, deu a benvida aos participantes e agradeceu a Nava Castro que elixise a Casa de Galicia para presentar en Madrid esta iniciativa promocional da ruta xacobea.

Así mesmo, José Ramón Ónega destacou o valor divulgativo e solidario, así como a proeza deportiva que supón o proxecto.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes