Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Marina Mayoral presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa última novela, "El abrazo"

Arroupada polo delegado da Xunta, José Ramón Ónega, o representante da editorial, Juan María Piñero, e o académico José María Merino
Madrid, 24 de setembro de 2015.

A escritora lucense Mariña Mayoral presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a súa última novela, “El abrazo”, editada por Stella Maris. Interviñeron no acto, ademais da autora, o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, o escritor e membro da Real Academia Española José María Merino e o representante da editorial en Madrid, Juan María Piñero.

Ónega, que coincidiu con Mariña Mayoral na Universidade de Santiago de Compostela cando estudaban Filosofía e Letras ela e Dereito el, afirmou da novelista que “o seu currículo é excelso e o lugar que ocupa nas letras españolas verdadeiramente destacado, moi importante”. “Nacendo en Mondoñedo (Lugo), cidade episcopal, berce tamén de Álvaro Cunqueiro e outros notabilísimos escritores, parece normal”, apreciou o tamén lucense. Ademais, Ónega valorou que a novela presentada “é unha obra exemplar. Nela latexa a vida”

Mayoral explicou que a liña argumental da novela comeza cando o protagonista, Federico Castell, un arquitecto famoso, sofre un infarto e entra en morte clínica. Nese estado ve á súa muller e ao seu irmán abrazados, e dáse conta de que se aman. O descubrimento esténdese a moitos outros momentos e circunstancias da súa vida e ao volver vivir cuestiona a súa vida anterior.

É, dixo, unha novela de suspense, porque o protagonista nunca sae da situación de dúbida de se se trata dunha fantasía do seu cerebro ou viviu sen decatarse do que sucedía, e “é tamén unha novela psicolóxica, onde se analizan minuciosamente os sentimentos dos personaxes”. Ademais, “nela subyase outro tema impotante: Que pasa cando un morre?” “Amor e Morte, os meus dous temas de sempre. E sempre Humor, iso que non falte. Espero que a intres divírtanse coa novela”, desexou.

Merino salientou que “nuns tempos en que a banalización formal e de contidos parece afectar especialmente á creación literaria, sobre todo no campo da novela, hai que celebrar a aparición dunha obra como ´El Abrazo´, concibida e elaborada desde o estrito rigor creativo”. Unha novela que está “focalizada en dúas miradas, a do convalecente Federico e a da enfermeira Micaela, personaxe inesquecible”, que “desenvolve unha magnífica estrutura novelesca a través de 34 fragmentos sucesivos, en que os diálogos concisos altérnanse cos fluxos de conciencia ou os recordos”, e que 2manexa con mestría os aspectos temporais”. “Ofrécenos un mundo familiar marcado pola inseguridade sentimental e a sombra de segredos que gravitan sobre as incertezas de distintas xeracións”.

Pola súa banda, Piñero interveu para agradecer o espazo de presentación, a presenza dos presentadores e do público.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes