Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Patricia Martínez de Vicente presenta na Casa de Galicia a súa última novela histórica, "Paso Dobre. Salvados do Holocausto vía España"

Con ela completa a súa triloxía sobre os salvamentos humanitarios auspiciados dende a Embaixada británica en Madrid a perseguidos polo nazismo
9 de maio de 2013

Patricia Martínez de Vicente, autora das novelas históricas "Embassy e a Intelixencia de Mambrú" e "A clave Embassy", sobre os salvamentos humanitarios auspiciados dende a Embaixada británica en Madrid a perseguidos polo nazismo, nos que xogou un importante papel o seu pai, o médico galego Martínez Alonso e que tiveron a Galicia como importante escenario de referencia, presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia, a súa última obra, "Paso Dobre. Salvados do Holocausto vía España", editada por Amazon. Con ela conclúe a triloxía dese "lado amable das guerras" que define a autora, xa que tamén trata sobre os salvamentos humanitarios e clandestinos a través de España.

Madrid, 9 de maio de 2013.- Patricia Martínez de Vicente, autora das novelas históricas "Embassy e a Intelixencia de Mambrú" e "A clave Embassy", sobre os salvamentos humanitarios auspiciados dende a Embaixada británica en Madrid a perseguidos polo nazismo, nos que xogou un importante papel o seu pai, o médico galego Martínez Alonso e que tiveron a Galicia como importante escenario de referencia, presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia, a súa última obra, "Paso Doble. Salvados do Holocausto vía España", editada por Amazon. Con ela conclúe a triloxía dese "lado amable das guerras" que define a autora, xa que tamén trata sobre os salvamentos humanitarios e clandestinos a través de España.

Acompañaron á escritora na presentación a doutora en Historia Contemporánea e profesora na Universidade Nacional de Educación a Distancia Concepción Ybarra Enríquez de la Orden e o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen resaltou que con esta nova novela "a antropóloga social Patricia Martínez de Vicente, galega de Londres e residente en Barcelona", culmina doce anos de investigación sobre este tema. Sinalou tamén, a propósito da salvación de todas estas persoas por tantos heroes anónimos da II Guerra Mundial que arriscaron as súas vidas aloxándoas nos seus fogares ou axudándoos a obter os documentos necesarios para fuxir, "que a ONU instituíu o día 27 de xaneiro como o Día Internacional de Conmemoración das Vítimas do Holocausto, en recordo da liberación do campo de concentración de Auschwitz polo exército soviético ese día de xaneiro de 1945".

Ybarra referiuse ao pai da escritora, o Dr. Martínez Alonso -ao que coñeceu persoalmente cando era nena-, como organizador da saída dos refuxiados por Galicia, a través da súa casa de Redondela. Resaltou que foron anos moi arriscados e que o pai da autora chegou a estar perseguido pola Gestapo e tivo que abandonar España, pero continúo o seu labor dende Inglaterra. Explicou así mesmo que o nome do libro se refire aos pasos de entrada e de saída dos refuxiados e informou de que a lectura dos libros anteriores da autora decidiu a José Antonio Valverde a entregarlle os diarios do seu pai, que foi vicecónsul en Zaragoza.

Martínez de Vicente ocupouse despois das entradas ao país dos perseguidos, que é do que trata este libro. A escritora mostrouse segura de "nunca tería chegado a escribir ´ Paso Dobre ´, se José Antonio Valverde, fillo do vicecónsul británico en Zaragoza durante a II Guerra Mundial, Antonio Valverde Gil, non me tivese cedido os diarios do seu pai, escritos entre 1941 e 1952, para que eu os lese,". Estes diarios referíanse a "uns acontecementos pouco coñecidos nun tempo, ambientación e perspectiva humana e política que abrangue dende o verán de 1939 ata os primeiros 1950".

En "Paso Dobre" Patricia Martínez combina algúns personaxes de ficción con outros reais. O fío condutor da trama real son as cartas escritas en primeira persoa polo cónsul británico en Zaragoza durante a II Guerra Mundial, Antonio Valverde Gil, sacadas dos diarios persoais e inéditos que lle achegou a autora o seu fillo José Antonio.

Nunha atmosfera cosmopolita e elitista na que se moven seis personaxes entre Madrid, Barcelona, Zaragoza, Galicia e Londres, a autora recréase no delicado trasfondo social e político dunha posguerra onde se mestura a secreta colaboración humanitaria dun puñado de afranquistas -que é como os chama a autora- e antinazis involucrados "moito máis do imaxinable nos sucesos da II Guerra Mundial". Martínez de Vicente describe na obra ao minúsculo sector da alta sociedade europea que rolda os salóns, as embaixadas e os cárceres por igual, "sen cuxa contribución non se tivese culminado o secreto auxilio humanitario co que se socorreu aos 300.000 perseguidos do nazismo que recalaron en España -segundo cifras da propia Cruz Roja británica publicadas en 1949- a través das rutas de escape europeas, como se vai desvelando entre as cartas intercaladas do vicecónsul".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes