O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, recibe a un grupo de alumnas de Turismo que se interesan pola oferta de Galicia

Acudiron á Casa de Galicia a unha presentación de destinos e produtos turísticos que estivo a cargo do director da súa Oficina de Turismo, Roberto Castro
Madrid, 27 de setembro de 2019.

O delegado da Xunta e director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, recibiu hoxe a un grupo de alumnas que realizan o curso de "Profesionalidad de creación y gestión de viajes combinados y eventos" en FSI Formación, da localidade madrileña de Getafe, e acudiron á Casa para asistir a unha presentación de destinos e produtos turísticos de Galicia. Ónega desexoulles unha proveitosa sesión de traballo e resaltoulles a amplitude de posibilidades que Galicia ofrece no ámbito turístico.

 

A presentación, que estivo a cargo do director da Oficina de Turismo da Casa, Roberto Castro, completa a formación destas alumnas cun coñecemento detallado da oferta turística na Comunidade de Galicia. As estudantes acudiron acompañadas de Adriana Arranz, docente responsable do grupo.

 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes