Medios

  • (3456x5184px., 1352 Kb.)
  • (3456x5184px., 1631 Kb.)
  • (5184x3456px., 981 Kb.)
  • (3456x5184px., 1112 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Preto dun cento de persoas acudiron a presentación do libro "Seguindo ao Sol (Unha guía de viaxes o fin do mundo)" do xornalista e fotógrafo Gabriel Fraga de Cal

A obra, editada pola Deputación de A Coruña, é un convite a visitar y coñecer e visitar in situ os lugares atlánticos
Madrid, 25 de xuño de 2012.-

A Delegación da Xunta acolleu, nesta ocasión, a presentación do libro "Seguindo ao sol. (Unha guía de viaxes o fin do mundo) ", do xornalista e fotógrafo ferrolano afincado en Londres, Gabriel Fraga de Cal, unha obra cunha coidada edición bilingüe (castelán-inglés), publicada pola Deputación de A Coruña. No acto, ao que asistiron preto dun cento de persoas, interviñeron o delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega López; o catedrático de Prehistoria da Universidade Complutense, Gonzalo Ruiz Zapatero; o presidente da Asociación Cultural da Vieira, Enrique Santín Díaz e o propio autor, Gabriel Fraga de Cal.

Ónega, tras as súas palabras de benvida á Casa e antes de ceder o turno de intervención a Ruiz Zapatero, aludiu á importancia dos libros no desenvolvemento da humanidade, neste sentido, "esta obra non abonda con lela nin unha nin dúas veces, porque pertence a ese grupo de consulta e recreación permanente, á que acudir para elevar o espírito cada vez que este  o necesite ".

Ruiz Zapatero, que se declarou interesado en todo o relacionado cos celtas, explicou que "non hai uns celtas, pois hai moitos celtas. O concepto de celta é unha categoría histórica que cambia continuamente. Cada época crea a súa". En relación ao libro de Gabriel, bo fotógrafo, gran viaxeiro que rastrexou esas terras, dixo que as imaxes e o texto son un todo que "achegan unha nova visión e cuxa lectura me fixo repensar algunhas das ideas sobre o celtismo, diferentes ás establecidas,".

Para Enrique Santín, “o libro impresionoume xa dende o título, Seguindo ao sol; un compendio visual e gráfico causa do mito atlántico, límite do alén onde moraban os deuses,". Santín fixo un repaso polos santuarios e monumentos que poboan as costas atlánticas e que recolle o libro, "unha apaixonada viaxe ao límite da natureza sagrada".

Pola súa banda, o autor que reside actualmente en Londres e traballa en diversos medios na capital británica, iniciou a súa intervención intentando "explicar o inexplicable porque Seguindo ao sol está repleto de imaxes cheas de brumas e nubes, pero son os lugares onde durante séculos foi o fin da terra e para mostrar ese fin do mundo, ésta é a mellor opción". Tamén sinalou o seu desexo de que o seu libro sexa un reclamo "para que todo o mundo visite estes sitios. Aforrarán a viaxe despois de mortos, tal e como di a tradición, tanto en San Andrés como en Locronan (Bretaña) que están a máis de mil quilómetros".

A obra é unha viaxe da man do autor polos destinos espirituais máis antigos do Atlantico no que se inclúen San Andrés de Teixido (Galicia), o Purgatorio de San Patricio (Irlanda); Locronan (Francia), e Iona Abbey (Escocia), establecendo unha conexión entre os lugares galegos e todos os demais. "Dende un punto de vista histórico e etnolóxico os pobos da Europa Atlántica teñen moitas cousas en común: quizais a máis importante sexa a localización mitolóxico-xeográfica no fin do mundo". A publicación forma parte do proxecto de investigación "Camiños Milenarios de Peregrinación da Costa Atlántica", desenvolvido en colaboración coa Fundación da Universidade da Coruña e financiado pola Deputación Provincial de A Coruña. A presentación en Madrid realizouse en colaboración cos "Amigos dá Cultura Celta".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes