Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

O presidente do Casino de Madrid, Mariano Turiel de Castro, ofreceu na Casa o recital "Dicir o Verso", cunha coidada selección deténdose especialmente na obra de Rosalía

O insigne vigués fixo un percorrido, a grandes pasos, pola poesía española, nun acto ao que asistiron máis dun centenar de persoas
Madrid, 22 de outubro de 2012.-

- "Os poetas son os homes que conservaron os seus ollos de neno", dixo o delegado da Xunta de Galicia e director da Casa, José Ramón Ónega, citando a Daudet, no recital poético "DICIR O VERSO" que ofreceu o presidente do Casino de Madrid, Mariano Turiel de Castro, co subtítulo "Un percorrido, a grandes pasos, pola poesía española".

Ónega destacou "só algúns dos datos máis importantes da ampla traxectoria profesional de Turiel porque el suplicóume que fose o máis breve posible na súa presentación, para deixar máis tempo para o recital e paréceme ben e así o farei". Destacou, unicamente, que Mariano Turiel de Castro é doutor en Farmacia. Foi moitos anos profesor da Universidade Complutense de Madrid. É xornalista en activo e dende fai moito tempo colaborador permanente en prensa, radio e televisión.

Ocupouse de moitas tarefas, pero entre elas destaca a súa vocación docente e ademais, actúa sempre como experto en labores propios do mundo da cultura. Así deixou boa pegada nos Colexios Maiores, na Dirección Nacional de moitos cursos Universitarios de verán, etc, Na actualidade, entre outros moitos cargos, é presidente do Casino de Madrid e da Federación Española de Círculos e Casinos Culturais. Pertence á Real Academia Nacional de Farmacia e á de Doutores, e forma parte das directivas doutras varias importantes institucións como a veterana Real Sociedade Económica Matritense de Amigos del País. Escribiu sete libros, infinidade de artigos e pronunciado innumerables conferencias. Como consecuencia, recibiu moitas e moi diferentes distincións de carácter civil, social e profesional (tanto dentro do mundo da Farmacia coma do Periodismo. Ademais é galego. De Vigo".

Pola súa banda, Turiel, tras os agradecementos e felicitacións explicou cómo xurdiu a proposta deste acto, cando un amigo común da Casa lle dixo, "dunha forma moi pouco diplomática, por certo: Mariano, non te podes morrer sen facer un recital especialmente de Rosalía" así que "aínda que non teño intención de morrerme e cando o faga será moi ao meu pesar, aquí estou".

O insigne vigués fixo unha coidada selección dos poetas máis destacados e representativos das diferentes épocas da Historia da Lírica Española, con especial atención a Rosalía á que dedicou máis de vinte minutos, un terzo do tempo total.

Declamou fragmentos de numerosas obras, entre elas: das coplas de Jorge Manrique; do teatro en verso de "A vida é Sono" de Calderón; "O Tenorio", de Zorrilla; a xa mencionada Rosalía; Machado; Juan Ramón Jiménez; Pemán; Méndez Herrera -o poeta que mellor cantou ao mar-; Lorca; Miguel Hernández; Cabestany...

Máis dun centenar de persoas acudiron á Casa para asistir a esta cita con Mariano Turiel que en palabras do delegado "é a poesía mesma" e que realizou unha "interpretación maxistral que nos deixou a todos coa alma en vilo, polo seu proverbial sentimento que transmite como só el pode e sabe facelo. Grazas Mariano por este regalo! ". dixo Ónega.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes