Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa de Galicia en Madrid acolleu a reunión xacobea na que participaron representantes de diferentes institucións relacionadas co Camiño de Santiago

Actualmente traballan tamén na construción dunha aplicación informática que facilite a información máis precisa aos peregrinos
Madrid, 9 de xaneiro de 2017

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde na Sala L unha reunión de traballo na que participaron preto dunha vintena de persoas de diferentes institucións relacionadas co Camiño, co obxectivo de axuntar esforzos, preparar e presentar as ferramentas de colaboración de cada unha das partes. Entre os asistentes estaban representantes do Xacobeo, (Xunta de Galicia); do  ING, Instituto Xeográfico Nacional, (Ministerio de Fomento); así como da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago (que acolle a 35 asociacións de diferentes comunidades do territorio nacional).

No encontro, ademais doutros aspectos, traballaron especialmente na construción dunha aplicación informática (App) destinada a axudar ao peregrino que emprende o Camiño, e facilitarlle a maior información e máis precisa posible. Neste sentido, cada asociación achegou as indicacións facilitadas polos propios asociados/camiñantes, que son quenes realmente coñecen, de primeira man, as dificultades e posibles solucións de cada zona e tramo do Camiño Xacobeo realizado.

A este seguirán outros encontros nos que seguirán avanzando e perfecionando os diferentes temas xa iniciados.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes