Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa de Galicia acolle a reunión do Comité Directivo da Acción Europea "Cost Water_2020"

Unha rede de tratamento de auga na que participan 32 países e coordina o catedrático da USC Juan M. Lema Rodicio
Madrid, 29 de abril de 2016.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a reunión do Comité de Dirección da Acción Europea "Cost Water_2020", unha rede de tratamento de auga. O Comité, órgano executivo da Acción, está composto por nove membros dirixidos polo coordinador da iniciativa, o catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Juan M. Lema Rodicio, aos que deu a benvida ás instalacións da Casa o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da mesma, José Ramón Ónega López.

A Acción Europea "Cost Water_2020" reúne a científicos do ámbito do tratamento de augas residuais procedentes de 32 países que traballan no desenvolvemento tecnolóxico, a recuperación de recursos, a avaliación de impactos económicos e ambientais e de modelado e control de procesos.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes