Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa de Galicia en Madrid acolle a primeira reunión dos socios do proxecto europeo "Empattics", do que Galicia é coordinadora

Conta cun orzamento de cinco millóns de euros
Madrid, 21 de decembro de 2015.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a primeira reunión dos socios do proxecto europeo "Empattics", do que Galicia é coordinadora, tras asinarse, o pasado venres, día 18, o acordo da súa subvención. "Empattics" conta cun orzamento de cinco millóns de euros na convocatoria H2020.

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, dió a benvida ás instalacións da Casa aos socios, representantes de diversas rexións de Francia, Dinamarca, Reino Unido e España, entre os que figura Susana Fernández Nocelo, coordinadora de Proxectos Europeos da Plataforma Innovación Sanitaria, da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

O obxectivo desta reunión é concretar os pasos que se darán a partir do 2 de febreiro, día oficial de comezo do proxecto, que se dirixe á Compra Pública Innovadora para desenvolver ferramentas para os pacientes crónicos. Ferramentas que buscan o empoderamiento dos pacientes e o aumento da súa adherencia ao tratamento, de forma que se desenvolva a súa capacidade inherente de ser responsables da súa propia saúde. Empattics lanzará nos próximos meses unha chamada a outros servizos de saúde europeos que queiran participar como compradores desta solución.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes