Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Os técnicos da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos celebran na Casa de Galicia en Madrid a súa segunda reunión anual

Unha trintena de asistentes representaron aos parques, a APTE e as entidades que participaron na xornada
Madrid, 15 de decembro de 2015.

A rede de técnicos da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), na que están integrados os de Galicia, celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o seu segundo encontro do ano, que se iniciou cunhas palabras de benvida por parte do delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega López.

A reunión contou cunha trintena de participantes, representantes dos parques tecnolóxicos de toda España, da propia APTE e das entidades que participaron no desenvolvemento do programa de traballo.

A xornada comezou cunha sesión de formación sobre “crowdfunding” -financiamento por subscrición- a cargo do presidente da Asociación Española de Crowdfunding, Daniel Oliver, á que seguiu a presentación das posibilidades que ofrece aos asociados o acordo APTE-Cajamar, por parte do director de Negocio da Dirección Territorial Centro, José Antonio Guerrero García, unha sesión sobre participación en proxectos e iniciativas de I+D+i, a cargo da xefa de departamento de I+D+i de AMETIC, Mónica Calle, e a presentación da Nova Rede de Técnicos de APTE Restart!, polo coordinador da Rede de técnicos de APTE, Jesús Cabrera Carabaza.

Tras o xantar, a xornada continúa cunha selección de temas a tratar pola nova rede de técnicos de APTE, a consideración das ferramentas para facelo e o traballo en grupo sobre os temas seleccionados, ao que, segundo o programa, segue unha análise de calidade en PEMES, presentado por Fran Chuan, conselleiro delegado Dícere e presidente da rede de innovación ToBelnn, e a elaboración das principais conclusións do encontro, coa que finaliza o mesmo.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes