Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Fundación Barrié presentou na Casa o programa "Máis Social"

A experiencia, que obtivo grandes resultados en Galicia, expórtase "" ao resto de España
Madrid, 22 de xuño de 2016

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta mañá a presentación/rolda de prensa pola Fundación Barrié do programa Máis Social que se desenvolve en Galicia desde 2011 e cuxo éxito obtido desexan "exportar" ao resto de España da man de seis confederacións nacionais.

No acto interviñeron José Ramón Ónega López, delegado Xunta en Madrid e director Casa de Galicia; José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié; Juan Carrión, presidente da Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER); Jaume Marí Pamiés, presidente da Confederación de Atención á Parálise Cerebral España (ASPACE); Amalia Diéguez en nome de Luciano Fernández, presidente da Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE); e Domingo Aceves, vicepresidente da Confederación  Española de Asociacións de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias (CEAFA).

Para Ónega, "o social é, e será sempre, a mellor expresión do humano, da fraternidade, do apoio na carencia e de auxilio na necesidade. A Fundación Barrié para a mellora das condicións económicas e sociais de Galicia cumpre a máis fermosa e cualificada acción que se pode facer por unha sociedade", dixo.

Arias Mosquera explicou que o programa Máis Social ten como obxectivo primordial "a sustentabilidade económica da entidades sociais mediante a mellora da súa xestión directiva". Ademais destacou tres aspectos polos que se valora a implementación: O grao de entidades participantes (99 en 16 proxectos); O grao de satisfacción delas, (cun 4,55 sobre 5 de avaliación global);  e os impactos e resultados, (o conxunto de entidades creou 70 postos de traballo, aspecto que medrou un 16 % un dato importante se se compara co obtido por quen non colaboraron que perderon o 24% deles). Sinalou que "dados os positivos resultados en Galicia, a Fundación Barrié ten previsto estender agora Máis Social a toda España a través dun programa piloto no que participarán seis confederacións de ámbito nacional: CEAFA (Confederación española de asociacións de familiares de persoas con Alzheimer e outras demencias), CONFEDERACIÓN ASPACE (Confederación española de organizacións de atención a persoas con parálise cerebral e afíns), FEDER (Federación Española de enfermidades raras), FEDACE (Federación española de dano cerebral), CONFAE (Confederación Asperger España) e REDE RABUÑA (Rede Española de entidades para o emprego)".

O programa incluirá diferentes apoios e servizos, entre eles un programa formativo, o desenvolvemento e implementación de páxinas web corporativas a partir do prototipo Máis Social Conecta, servizos de consultoría e a Xornada Social Venture Academy orientada ao adestramento na presentación de proxectos a posibles financiadores.

A Fundación Barrié é unha fundación privada galega que cumpre 50 anos e traballa nas áreas de Educación, Ciencia, Acción Social, Cultura e Patrimonio. O investimento nos seus programas, desde a súa constitución, é de máis de 400 millóns de euros e con este programa reafirma o seu profundo compromiso co Terceiro Sector Social apoiado desde as súas orixes, que beneficiará a máis de medio millón de persoas (entre afectados e familiares directos).

Para máis información: smihalic@fbarrie.org / 981 060 091 / 659 459 030

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes