Medios
- 1. O delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega co presidente do Parlamento de Galicia Miguel Santalices na exposición de G. Lagares que a Casa ofrece ata o 30 deste mes.j (2681x3575px., 1424 Kb.)
- 2. De esquerda a dereita, Ramón Jiménez, José Ramón Ónega, Miguel Santalices e Francisco G. Lagares. (3024x4032px., 1875 Kb.)
- 3. Na Sala B, na visita á exposición, Ónega, Santalices, Lagares, Dr. Pérez Vázquez e Ramón Jiménez. (2585x3449px., 1587 Kb.)
- 4. De esquerda a dereita, Doutor Pérez Vázquez, Seixas, Melquíades, o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega e Julio Lage, na homenaxe ao fotoperiodista de Lalín. (1712x2652px., 862 Kb.)
- 5. Sentados, de dereita a esquerda, Ónega en representación institucional, o presidente do Parlamento Gallego e invitado Santalices e a presidenta do Club de Xornalistas, Pilar Falcón. (811x1920px., 186 Kb.)
- 6. Homenaxe a Seixas, piso 29 torre Eurostar, preto dun centenar de persoas rendéronlle unha homenaxe organizada por EGAMA. (1512x2016px., 760 Kb.)
Ónega acudiu, en representación oficial, ao Club de Xornalistas onde o invitado foi o presidente do Parlamento de Galicia
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, visitou a Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia e foi recibido polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa José Ramón Ónega e por parte do persoal da institución galega en Madrid.
O presidente do Parlamento quixo aproveitar a súa estancia en Madrid para achegarse á Casa de Galicia e coñecer in situ a exposición de Francisco G. Lagares que se mostra nas Salas A e B ata o 30 deste mes.
Á cita acudiu tamén o pintor Lagares quen se mostrou moi satisfeito e fixo de guía para todos, ofrecendo diferentes explicacións sobre cada obra. Especial atención mereceron os títulos dos cadros, por exemplo Galicia, no que se detiveron mentres o autor ía debullando o significado dos trazos.
Na visita, xunto con Ónega, Santalices e Lagares estiveron tamén o coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez Pérez e a ela uniuse ademais o Doutor José Manuel Pérez Vázquez expresidente e promotor de Asomega (Asociación de Médicos Galegos en Madrid).
Club de Xornalistas Galegos
José Ramón Ónega asistiu máis tarde, tamén en representación institucional, ao xantar do Club de Xornalistas Galegos onde o presidente do Parlamento de Galicia acudiu en calidade de invitado.
Aínda que antes, Ónega non quixo deixar de pasar pola torre Eurostar onde a Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA) organizara un xantar/homenaxe ao popular fotoperiodista Manuel Seixas, creador da axencia Lalínpress.
Homenaxe a Seixas
Preto dun centenar de persoas acudiron ao hotel Eurostar convocadas por AEGAMA, algunhas desde Lalín, para facer partícipe a Manuel Seixas do afecto e agarimo que lle profesan, especialmente as vinculadas ás asociacións galegas en Madrid.
Á cita, e aínda que non se podía quedar ao xantar, non quixo faltar Ónega. "Veño só un momento, para darche un abrazo e felicitarte" díxolle, detalle que Seixas agradeceu moito.
Departamento: Prensa