A Delegación da Xunta en Madrid acolleu hoxe a conferencia "O Camiño de Santiago desde a cartografía institucional española" a cargo de Alfredo del Campo García

O relatorio está enmarcado dentro da XV edición do "Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos" que se celebra durante toda a semana, e nel presentouse a última edición do mapa do IGN, recén impresa
Madrid, 24 de novembro de 2015.

"O Camiño de Santiago desde a cartografía institucional española" é o título da segunda conferencia do "Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos" que pronunciou o xefe da área de Cartografía Temática e Atlas Nacional do Instituto Xeográfico Nacional Alfredo del Campo García. O ciclo, que se celebra desde os seus inicios na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia está organizado pola Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid, e este ano alcanza a XV edición. A orixe foi en 2001, e naceu co obxectivo de render merecido homenaxe a José Antonio Cimadevila Covelo, que fundou a Asociación en 1987 e foi o seu primeiro presidente.

A presentación do acto correu a cargo do actual presidente da Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid José Antonio Ortiz Baeza, quen mostrou "en absoluta primicia" o mapa  Caminos de Santiago en la Península Ibérica recén saído da imprenta que nos acaba de traer Alfredo e que "estabamos a esperar con verdadeiro interese". Tamén destacou nas súas palabras a ampla traxectoria profesional do conferenciante. Alfredo del Campo García é enxeñeiro de Montes e funcionario de Carreira do Corpo de Enxeñeiros Xeógrafos. É, ademais Xefe de Área de Cartografía Temática e Atlas Nacional; e responsable da reprodución dos proxectos xacobeos.

Pola súa banda o conferenciante acompañou a súa disertación coa proxección dos mapas máis representativos elaborados polo Instituto, creado en 1870, ao longo da súa historia, (aínda que ata 1965 non aparece o primeiro), coas principais edicións e as súas innovacións. Desde os primeiros mapas ata os dixitais e as aplicacións en cuxas actualizacións están a traballar.

Destacou a gran importancia que se deu sempre ao Camiño de Santiago na cartografía do IGN, especialmente coincidindo cos Anos Santos, e a gran importancia do Camiño de Santiago como suxeito da primeira serie de cartografía temática do Plan de Cartografía Derivada e Temática elaborado en 2010.

Ademais, están os "estupendos froitos que achegou a colaboración do IGN e do Centro Nacional de Información Xeográfica (CNIG) coa Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago (FEAACS), como o proba o elevado número de produtos elaborados conxuntamente en relación co Camiño". Tamén está o papel do Camiño "como pioneiro" no concepto de "hipermapa temático colaborativo" que o IGN e o CNIG teñen desenvolvido a través do visualizado de Natureza, Cultura e Lecer de interese turístico, integrable en sistemas externos.

O "Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos" iniciouse onte luns 23 coa conferencia "O Apóstolo e os seus peregrinos: nas orixes da creación dunha imaxe", a cargo do o Dr. e profesor coruñés de Arte da Universidade Autónoma de Barcelona Manuel Castiñeiras González e que estivo presidida por José Manuel Romay Beccaría, presidente do Consello de Estado;  e contará con dúas máis: Mañá mércores, 25, "A investigación forense en personaxes históricos: de San Juan de Ortega a Cervantes", por Francisco Etxeberría Gabilondo, Dr. en Medicina, profesor titular de Medicina Legal e Forense da Universidade do País Vasco. E o  xoves 26, co título "O Códice Calixtino e algunhas curiosidades camiño a Santiago", por José Manuel Díaz de Bustamante, catedrático de Latín da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes