A Fundación Barrié, en colaboración con SocialCo, celebrou na Delegación da Xunta de Galicia/Casa de Galicia el "Taller de intercambio de experiencias en marca de valor asociativa e comunicación interna"

Reuniu a representantes de oito organizacións nacionais e internacionais
Madrid, 24 de outubro de 2017.

A Fundación Barrié, en colaboración con SocialCo, celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o "Taller de Intercambio de Experiencias en Marca de Valor Asociativa e Comunicación Interna", vinculado ao desenvolvemento da consultoría, que reuniu a representantes de oito organizacións nacionais e internacionais, aos que o delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, deu a benvida ás súas instalacións e desexou un frutífero traballo.

A actividade, que se enmarca dentro do Programa Más Social da Fundación Barrié de fortalecemento do Terceiro Sector de Acción Social (integrado por organizacións sen ánimo de lucro que prestan servizos sociais en colaboración coa Administración pública, principalmente ás persoas en situación de pobreza ou risco de exclusión), contou coa participación de máis de 25 persoas -entre directivos e mandos intermedios- das seguintes oito organizacións de ámbito nacional e internacional: Confederación Asperger España (CONFAE), Confederación Española de Entidades de Autismo (FESPAU), Confederación Española de Organizaciones de Atención a las Personas con Parálisis Cerebral y Afines (CONFEDERACIÓN ASPACE), Confederación Salud Mental España, Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE), Federación Española de Enfermedades Raras (FEDER), Mapfre-Fundación Mapfre e Médicos del Mundo España.

Máis Social é un programa dirixido a entidades sociais do Terceiro Sector que inclúe diferentes apoios e servizos, entre eles un programa formativo, o desenvolvemento e implementación de páxinas web corporativas a partir do prototipo Máis Social Conecta e servizos de consultoría.

A xornada abriuse coa presentación do proxecto por parte da directora de Acción Social da Fundación Barrié, María Isabel Pérez Martínez, e a directora de SocialCo, Virginia Moraleda, á que seguiu o desenvolvemento de dous temas: a marca e comunicación interna, con relatorios e postas en común. O primeiro contou cos relatorios "De FEAFES a ´Salud Mental España´", a cargo de Laura Bolaños, directora técnica de Comunicación, Imaxe e Influencia Social, da Confederación Salud Mental, e "Cambio de implantación de identidade gráfica nunha Confederación. Acertos, erros e solucións (Que solucións está a achegar o Proxecto Barrié aos problemas e/ou oportunidades detectados no diagnóstico)", da Confederación ASPACE.

O segundo desenvolveu os relatorios "A Intranet Global", a cargo da representante de Mapfre Mónica Solaun Basterra, e "A comunicación interna nunha Asociación. Acertos, erros e solucións (Que solucións está a achegar o Proxecto Barrié aos problemas e/ou oportunidades detectados no diagnóstico)", da Asociación Médicos del Mundo.

 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes