Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

La Casa acolleu esta mañá a "World Wine Experience. Un percorrido polos viñedos do mundo", con ponencias e viños nacionais e internacionais con ampla presencia de etiquetas galegas

Na xornada houbo relatorios de especialistas e representantes de Francia, Italia, Alemaña, Portugal, Grecia, Chile, Australia, Nova Zelandia, Sudáfrica e de España
Madrid, 5 de maio de 2016

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta mañá a xornada "World Wine Experience. Un percorrido polos viñedos do mundo", con varios relatorios sobre o pasado, presente e futuro do viño no mundo, cultura, comercialización e regulación, a cargo de expertos de referencia nacional e internacional, con posterior cata de viños de diferentes países incluíndo unha destacada presenza de viños galegos.

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, deu a benvida tanto aos organizadores Margarita Lozano Ruiz e Eliseo González López, como aos relatores e asistentes, entre os que estaban numerosos xornalistas de medios especializados, así como bloggers e profesionais do sector, produtores, distribuidores, sumilleres... Tras as palabras de benvida, Ónega lembrou as orixes vinateiras da súa familia, achegando algunha anécdota e desexou unha frutífera xornada en torno ao "néctar dos deuses".

Entre os relatorios programados estaban: O Viño: Historia e Cultura e sinal de Identidade dos pobos, a cargo de Rafael del Rey, xerente da Fundación para a Cultura do Viño. Posicionamento de marca, internacionalización e e-commerce, por Rafael del Rey, director do Observatorio Español de Mercados do Viño. A comunicación e a prensa vitivinícola: a influencia dos líderes de opinión, por Michael Hormickel, presidente da Federación Internacional de Xornalistas do Viño e Brigitte Leloup, presidenta da Asociación de Catadoras de Europa. Modelos produtivos do Vello e do Novo Mundo: imos cara a unha maior ou menor regulación?, por Richard Halstead, Eugenio Pomarici, Anxo García, Jia Peng, Carlos Falcó e Amancio Moyano, presidente da Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas.

Na cata posterior ofrecéronse máis de trinta referencias de diferentes países,  das cales máis do dez por cento correspondían a etiquetas de viños galegos, que ademais gozaron de moi boa acollida.

Este acto encádrase entre os que se organizan con motivo da celebración de "EXPOFOODING World Conference Gastronomy and International Relations" en Madrid.

 

Máis información en http://www.worldwineexperience.org/

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes