Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A obra de teatro "Perfiles" ofreceu na Xunta en Madrid unha historia actual sobre a vida real e virtual

Escrita y dirixida por Sergio Martínez Vila, a interpretación correu a cargo dos actores galegos Mercedes Castro e Miquel Insua
Madrid, 16 de junio de 2015

A sala A da Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid, foi hoxe o escenario que acolleu "Perfles", unha obra de teatro actual, escrita e dirixida polo orixinario lucense Sergio Martínez Vila; e protagonizada pola actriz pontevedresa de Cesures, Mercedes Castro e o ferrolano de Valdoviño, Miquel Insua. "Perfiles" alude ao "outro eu" que as persoas crean en internet e narra a historia de Fernando e Silvia, ambos os dous de corenta e tantos, solteiros e desenganados, que deciden compartir piso cando ela aluga un cuarto na súa casa. A vida imaxinaria e a real (el é escritor e ela tradutora) fóndense nesta obra que pon de manifesto os conflitos das emocións e as dificultades para comunicarse na era virtual.

"Perfiles é unha traxicomedia actual sobre a soidade", dixo o coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez na presentación. E engadiu que "a obra se desenvolve nun mundo no que cada vez estamos máis separados os uns dos outros, grazas (entre outras cousas) a unha ferramenta tan fantástica e tan maleable como é Internet, a soidade interpersoal se recrúa e busca fórmulas novas como son as propostas polas páxinas de contactos". E explicou ademais que "a liña dramática desta montaxe explora o mundo dos perfís on line, nos que un usuario ten que comprimirse nunha serie de coordenadas que non están feitas para definilo senón para gustar aos demais, o que provoca unha frustración a miúdo terriblemente cómica".

Fernando e Silvia son persoas que viven moi a miúdo na irrealidade da súa pantalla de ordenador, en parte polo seu traballo pero tamén e, especialmente porque non encontran o ánimo suficiente para emprender algo real. Aínda Que de carácteres máis ben opostos e poucos intereses en común para a intimidade, Silvia acaba recorrendo a Fernando cando decide abrirse un perfil social en Internet. Deste modo, Fernando intentará converterse no seu mentor, aconsellándoa na difícil arte de conseguir unha boa cita ás cegas, pero as leccións sobre o virtual non fan máis que atrasar os verdadeiros sentimentos e afondar no profundo desequilibrio interior.

Ao remate da función o público puido establecer un animado debate co autor e os actores, no que conceptos da actualidade como perfís, soidade, humor, realidade, comunicación, ironía ou internet, cobraron especial protagonismo.

Miquel Insua, (Meirás, Valdoviño, Ferrol), coñecido especialmente en Galicia polo seu personaxe de "O Berruga" en Sempre Xonxa, é licenciado en Interpretación polo Institut del Teatre, de Barcelona, e ten no seu haber tres anos de adestramento no Estudo de Juan Carlos Corazza de Madrid. Traballou en cine, teatro e televisión. Foi galardoado coa Cuncha de Ouro e Cuncha de Prata no Festival de San Sebastián, do pasado ano 2014 por MAGICAL GIRL, de Carlos Vermut, con quen protagonizou anteriormente DIAMOND FLASH (Premio Rizoma, 2012); GENTE EN SITIOS. Dir: Juan Cavestany (Premio do Público. Sitges, 2013) e destaca a súa intervención nas películas do movemento DOGMA, DÍAS DE BODA e EL DESENLACE, do director galego Juan Pinzás, unha das cales se presentou na Casa de Galicia. En teatro participou no BANQUETE, de Sonia Sebastián e LA CEREMONIA DE LA CONFUSIÓN, entre outras montaxes. E en televisión colaborou en series como Gran Reserva, Grande hotel, Cuéntame, El secreto de Puente Viejo, etc.

Mercedes Castro, (Cesures, Pontevedra) actriz con mais de 25 años de profesión alternando cine, teatro e televisión, é licenciada en Filoloxía Hispánica e Galego-portugués pola Universidade de Santiago de Compostela, así como diplomada en interpretación pola RESAD; tamén debe destacarse seu paso polo Estudio de Juan Carlos Corazza de Madrid. En cine participou en numerosas produccions, entre elas FLORES DE OTRO MUNDO, de Itziar Bollaín; en teatro traballou en importantes obras, algunhas das cales foron seleccionadas para os premios da Unión de Actores, como MUCHO RUIDO Y POCAS NUECES, dirixida por Carlos Coraza, ou NOCHE DE REYES, dirixida por Mercedes Trujillo. En televisión actuou en series como Águila Roja, Cuéntame, Hospital Central, etc.

Sergio Martínez Vila, asturiano de ascendencia lucense, é licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense e cursou dous anos da diplomatura de dirección de Cine na Escola de Cinematografía e de Audiovisual da Comunidade de Madrid. É coautor do espectáculo EL BANQUETE, baseado no orixinal de Platón e dirixido por Sonia Sebastián; a mostra experimental LOS NO LUGARES; o monólogo LA MADRE TOLERANTE; a obra PERÍODO DE REFLEXIÓN, sobre a trata de mulleres con fins de explotación sexual; e LO ÚLTIMO QUE QUIERO. Así mesmo, está previsto que neste ano 2015 se distribúa a longametraxe, da que é guionista e director, LA ESPERA.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes