Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Ónega asistiu á entrega do premio "Galego do ano 2013" ao doutor Miguel Cabanela

Entregado polo Club de Xornalistas Galegos en Madrid
Madrid, 21 de marzo de 2014

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, asistiu está noite á entrega do premio Galego do Ano 2013 que outorgou o Club de Xornalistas Galegos en Madrid ao doutor mindoniense Miguel Cabanela non só polo eco xornalístico que tivo que tivese operado o Rei senón tamén pola "difusión de Galicia no mundo e o seu traballo desinteresado con persoas necesitadas".

O galardón foi entregado pola presidente do Club, Pilar Falcón, cuxa organización tamén deu conta das cartas de felicitación que, ante a imposibilidade de asistir ao acto, enviaron o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o xefe da Casa do Rei, Rafael Spottorno.

Ao acto asistiron, entre outros, Manuel Torreiglesias, que o presentou; o doutor Melchor Álvarez Mon, presidente da Asociación de Médicos Galegos en Madrid, que pronunciou a laudatio; o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría; a secretaria xeral de Medios da Xunta de Galicia, Mar Sánchez; o presidente do Banco Pastor, José María Arias Mosquera; o alcalde de Mondoñedo, Manuel Orlando González e destacados membros das entidades galegas en Madrid e numerosos socios do Club de Xornalistas Galegos en Madrid.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter