Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

"El contubernio de Lisboa" de Jesús Arsenio Díaz é un thriller en clave de humor que retrata a realidade social dos sesenta

O arquitecto e escritor coruñés presentou en Madrid a súa última novela e ao acto asistiron preto dun centenar de persoas, entre elas varios deputados
Madrid, 16 de febrero de 2015

“Este libro naceu coa pretensión de ser unha obra seria, sensata e prudente... pero, como a cabra tira ao monte, foise configurando como unha caricatura esperpéntica do que foi a sociedade española pequeno-burguesa da segunda metade do século XX”. Con estas palabras definiu o arquitecto e escritor coruñés Jesús Arsenio Díaz, “El contubernio de Lisboa” na presentación da obra na delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia.  No acto, ao que acudiron preto dun centenar de persoas -entre elas os deputados Juan de Dios Ruano e Guillermo Collarte-, interviñeron tamén o coordinador de Actividades da Casa Ramón Jiménez; o escritor e crítico literario Vicente Araguas; e o editor Basilio Rodríguez Cañada.

Para o editor Rodríguez Cañada, “con esta novela consolídase un autor con firme vocación literaria que aínda hai de ofrecernos novos froitos do seu xenio creativo, pois xa está enfrascado no contubernio de Sambarandán”.

Para Araguas, Jesús Arsenio Díaz “ten ese punto elegante, como de pantalón de franela inglesa, e blazer, coroada a testa cunha gorra veneciana (un supoñer), ao que lle vai pintiparada a retranca, que non o sarcasmo”.

Pola súa banda o autor, aínda que a novela estea en clave de humor sinala que a súa intención é a de dar fe dunha sociedade, “facer de fedatario dunha realidade nacional, que se mostra tráxica, dramática, cómica ou máxica, segundo o momento e segundo as terras por onde discorre a acción (Castela, Madrid, Lisboa ou Galicia)”. Tamén resaltou outros aspectos, entre eles os guiños ao Quixote, ao encabezar cada capítulo con epígrafes que serven como “unha verdadeira e eficaz guía de lectura” para axudar ao lector a non perderse xa que hai moitos personaxes e ás veces a trama é complexa. 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes