Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa acoglleu a presentación de "La Ilustración española (Galicia) guerra y cultura" publicación editada por GRUGALMA

Madrid, 17 de marzo de 2015

A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación de "LA ILUSTRACIÓN ESPAÑOLA (GALICIA). GUERRA Y CULTURA", publicación editada por GRUGALMA que recolle tanto as ponencias das "Jornadas de Cultura Gallega" como as colaboracions presentadas en A Coruña nas "XXIV Jornadas de Cultura Gallega". 

A presentación do acto correu a cargo do coordinador de Actividades da Xunta en Madrid, Ramón Jiménez Pérez  e nela interviñeron: o pedagogo Manuel Ángel Puga Martínez; o membro da Real Academia de Doutores de España Luis Vázquez Fernández; e o editor do libro e membro Correspondente da Real Academia da Historia, Manuel Mourelle de Lema.

"LA ILUSTRACIÓN ESPAÑOLA (GALICIA). GUERRA Y CULTURA", é unha publicación de varios autores que consta de dúas partes claramente diferenciadas. Na primeira, baixo o título "La Coruña en la Guerra de la Independencia. Constitución y  nueva pedagogía", recolle as colaboracións que foron presentadas nas "XXIV Jornadas de Cultura Gallega" e que se celebraron en A Coruña. Na segunda, están as conferencias que se pronunciaron nas "Jornadas de Cultura Gallega" que se celebraron na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense no ano 2002, en torno á Ilustración española e con especial atención á figura do Padre Sarmiento.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes