Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Cerca dun centenar de persoas acudieron a Casa a presentación do libro "María Balteira" do lucense Manuel Romay

A obra, editada pola Deputación da Coruña, é unha biografía novelada sobre a famosa "soldadeira" de Betanzos
Madrid, 9 de xuño de 2014

Preto dun centenar de persoas acudiron á presentación da novela "María Balteira. A soldadeira máis fermosa dá Corte do Rei Sabio" do lucense Manuel Romay López editada pola Deputación Provincial da Coruña. Trátase da biografía novelada sobre María Balteira, destacada xoglar de Betanzos que tivo fama e notoriedade na Corte máis ilustrada na Europa da época. No acto interviñeron o delegado da Xunta en Madrid, e director da Casa, José Ramón Ónega López; a xornalista e escritora, Marta Rivera de la Cruz e o propio autor, Manuel Romay López.

Tras as palabras de benvida e os saúdos de rigor, Ónega comentou, citando un proverbio árabe, que "un libro é como un xardín no peto"; e recordou que a protagonista do libro "non quixo matrimonio nin convento" e optou por "a liberdade, a poesía da vida, a fresca brisa do amor".
Pola súa banda, Marta Rivera, que adoita evitar falar de si mesma nas presentacións, quixo evocar un recordo persoal, cando Manuel Romay lle entregase o seu primeiro premio en Lugo por un concurso de redacción organizado pola Unión Postal Universal, "que tanta ilusión me fixo, hai xa 34 anos".

Marta recoñeceu que antes de ler o libro de Romay tiña unha referencia moi limitada de quen era "María Balteira" e tras coñecela, é sen dúbida "un personaxe que podería protagonizar unha estupenda película de época". Explicou que se trataba dunha moza galega que viviu durante o século XIII e que pasou á historia da literatura como "soldadeira", que eran mulleres que cantaban e bailaban para entreter á corte, da que cobraban unha soldada. "Poderiamos dicir que eran unha especie de funcionarias da diversión", e ademais ela era moi popular "tendo en conta que o seu nome aparece en quince cantigas de escarnio, escritas por dez trobadores distintos, entre os que estaba o mesmo Alfonso X El Sabio" algo que está perfectamente documentado. Recordou ademais os tres tipos de cantigas do momento: de amor, de amigo, e de escarnio que "eran algo así como o Sálvame de Luxe da Idade Media, e pasaban de boca en boca ata destruír, ás veces para sempre, a reputación das persoas aludidas". A protagonista do libro de Romay naceu nunha pequena localidade próxima a Betanzos chamada Armea, no seo dunha familia acomodada da que recibiu unha educación moi superior á habitual, sendo adestrada especialmente nas artes da música e a poesía, pero ao quedar orfa e para evitar un matrimonio cun home maior que lle prepararon a súa irmá e o seu cuñado, optou por facerse soldadeira, o que a converteu en "unha das poucas mulleres libres da súa época, cuxo traballo a levaría non só a percorrer a península ibérica chegando mesmo ao reino de Granada, senón a participar nas cruzadas e visitar Terra Santa". Para Marta Rivera, trátase dunha "novela histórica", pero tamén "de aventuras" e mesmo cunha parte importante de "picaresca", " porque así podería clasificarse unha trama na que unha muller de boa familia, maltratada pola sorte e vítima do infortunio de quedar desamparada, foxe do destino que se lle reserva e se converte en trobador. Aínda máis, nun trobador que é capaz de manexar ferramentas dun guerreiro, que xoga aos dados e que blasfema se é preciso... "

Pola súa banda, Manuel Romay reparou en Balteira "por casualidade", e aínda que dela só coñecía o seu oficio e a definición que dela fixo un poeta contemporáneo galego unha muller alegre de "Saia leda, con lume nos ollos, e aire nos pes", a intriga fixo o resto. Indagou na súa biografía e ante a falta de respostas, investigou e releu cantigas dos trobadores galaico portugueses do século XIII encontrando resposta nas de escarnio pois alí estaban as dos seus desleitados amantes. Nos textos encontrou o autor moitas respostas e "as lagoas existentes debía enchelas a imaxinación" reflectindo os avatares sociais, políticos e relixiosos do século XIII".

A obra desenvólvese en cinco reinos mostrando a vida palaciana, os recitais poéticos na Corte, nos ambientes juglarescos, nos mesóns, en festas populares e nos campamentos militares da fronteira. Tamén se ven os costumes da sociedade medieval, dos reinos cristiáns, e do sarraceno de Granada que "rivalizando co castelán en cultura, o superaba en refinamento social".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes