Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Palomares presenta na Casa seu libro "Sempre chega a noite. Momentos estelares de medio século de xornalismo"

O acto contou coa intervención de José Bono, o xornalista e escritor Carlos G. Reigosa e a asistencia de máis de 150 persoas, delas personalidades como Luis María Ansón; José Barrionuevo e a empresaria María Luz Barreiros
Madrid, 10 de xuño de 2014

A delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia, acolleu esta tarde a presentación do último libro do xornalista Alfonso S. Palomares, un relato do que nunca se publicou sobre determinados acontecementos e as razóns polas que isto foi así, contado por un profesional que viviu os feitos moi de preto ou en primeira persoa. No acto de presentación de "Sempre chega a noite. Momentos estelares de medio século de xornalismo", publicado por Edicións B, interviñeron (segundo esta orde), o delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega; director editorial de Edicións B, Ernest Folch; o xornalista e escritor Carlos G. Reigosa; o expresidente da Comunidade de Castela-A Mancha, exministro de Defensa e expresidente do Congreso dos Deputados, José Bono e o propio autor, Alfonso S. Palomares. Ademais, contou coa asistencia de máis de 150 persoas, delas personalidades, como o escritor e xornalista, Luis María Ansón; o exmisitro José Barrionuevo ou a empresaria María Luz Barreiros.

Para Ónega, Alfonso "é moi querido nesta Casa, non só por ser o meu antecesor como Director, senón polo seu talante humano, o súa bonomía, a súa cortesía e o seu sentido da amizade" e engadiu que "Alfonso ten unha pluma doada, experta, inspirada e eficaz. Sabe escribir sentimentos, contar realidades, e reflexionar instintos".

O editor Ernest Folch, comentou como xurdiu o libro, "cuxo xérmen foi unha conversación entre amigos, na que el dixo con naturalidade, como fai sempre, unha serie de sucesos que eran en si mesmos xa un libro".

Carlos G. Reigosa, que manifestou o seu desexo de falar máis de Alfonso, que "foi o meu xefe en EFE", centrouse fundamentalmente no libro, que é "puro periodismo" e relatou algunhas das anécdotas máis curiosas que levaron ao autor ante algúns dos mandatarios mundiais, da forma máis azarosa e logo logrou manter a amizade con eles, "o que di moito do seu carácter".

José Bono, comentou de Palomares "algo que me dixo Felipe González del, cando lle nomeou presidente de Efe. "É boa persoa" e eu dígolles que nunca lle oín dicir iso de ninguén máis". Do libro sinalou que paga a pena non só polos elementos, tamén polo seu magnífico compoñente literario, algo que xa non é común".

Pola súa banda o autor, presidente e director da axencia EFE e fundador das revistas Ciudadano, Posible e Leer, traslada nesta obra os lectores a momentos nos que o seu oficio o fixo ser testemuña de excepción de fitos da nosa historia recente. Con este libro ofrece un achegamento a algúns dos personaxes que marcaron o devir de acontecementos fundamentais e, en definitiva, unha homenaxe ao periodismo auténtico.
Alfonso Palomares, quen afirma que en case cincuenta anos de carreira xornalística "fixo de todo menos cartos", repasa en "Sempre chega a noite" momentos históricos que puido vivir moi de preto e os seus encontros con personaxes clave para o devir da segunda metade do século XX como Fidel Castro; Salvador Allende; Ben Bella, a quen coñeceu por coarse onde non debía e co que mantivo unha estreita relación; e a outros como Pandit Nehru, Nasser ou Sukarno que dende o bando dos non aliñados parecían ofrecer un futuro diferente do férreo mundo bipolar que se balanceaba entre Washington e Moscú. A este grupo, pronto lle chegou a noite. Ademais, este libro é tamén unha porta aberta ás tripas do periodismo, que Alfonso Palomares non entende senón dende o compromiso de facer información e facilitar que outros a fagan. Entre os moitos episodios, xa no imaxinario colectivo de toda España e que Alfonso Palomares viviu como presidente da Axencia EFE, destaca a estrambótica detención de Roldán en Laos que, grazas ao rigor do equipo da axencia, puidose saber que tivo moito de película e pouco de realidade.

"Sempre chega a noite" é un libro de recordos pero tamén un xeito único de achegarse aos acontecementos que marcaron a historia de España e do mundo na segunda metade do século XX e, sobre todo, unha homenaxe ao periodismo como ferramenta para manter a xustiza social.

"As novas tecnoloxías levaron a unha seria crise ao periodismo que cualificamos de tradicional que é o que aquí conto, pero non estamos no final do periodismo senón no comezo dun novo periodismo que ten que manter un serio pulso co poder, pero non só co poder político, xa que as novas tecnoloxías tamén cambiaron o poder de lugar. O poder, boa parte do poder, xa non está en mans dos políticos, encóntrase nas poderosas redes financeiras cuns resultados perversos. O novo periodismo global terá que loitar e ser a conciencia crítica dunha mundialización que agrava as desigualdades ata límites obscenos, multiplica o paro botando millóns de traballadores á cuneta dos desperdicios, arruína moitos estados e destrúe as coberturas sociais liquidando o estado do benestar".

 

Alfonso S. Palomares é galego, de Calvos de Randín (Ourense). Licenciado en Dereito e Periodismo, tamén realizou estudos de filosofía. O periodismo foi a súa profesión, e nel, segundo as súas palabras, fixo de todo menos diñeiro. En 1996 foi nomeado presidente-director xeral da axencia EFE. Pasou despois a dirixir o diario Córdoba, do Grupo Zeta. Foi presidente do consello social da Universidade de Córdoba, institución que o distinguiu coa medalla de ouro. Como escritor publicou, entre outros, a biografía Felipe González (Ediciones B, 2005); Te amaré después de siempre (Ediciones B, 2006), El socialismo y la polémica marxista, Los laberintos del espejo y El Evangelio de Venus.

Para máis información e entrevistas: Prensa EdicionesB / María Lacalle prensaedicionesb@gmail.com 615 74 92 45

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes