A poeta Rosa Mª Milleiro presentou na Casa o seu libro "Amarré la distancia con el cordón de los zapatos"

O acto estivo ambientado coa música de Julia León que además cantou alguns versos da autora
Madrid, 26 de outubro de 2015

A delegación da Xunta de Galicia en Madrid, Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación do libro "Amarré la distancia en el cordón de los zapatos" da poeta ferrolá Rosa María Milleiro. A obra, publicada polo Grupo Editorial Sial Pigmalión, é un poemario bilingüe español-galego no que a autora mostra e comparte as súas inquietudes e sentimentos.

No acto interviñeron: o coordinador de Actividades da Casa Ramón Jiménez Pérez, quen o fixo en nome do delegado da Xunta e director da casa José Ramón Ónega López; o presidente do Grupo Editorial Sial Pigmalión, Basilio Rodríguez Cañada; a cantante sefardí e prologuista do libro, Julia León Conde; a profesora e tradutora do libro, Rosalía Castiñeira Quintans; o xornalista e escritor, Rafael Permuy López; e a propia autora, Rosa María Milleiro.

Jiménez lembrou que de Milleiro presentamos hai xa dous anos outro libro nesta mesma Sala, o titulado Acariñei o fresno, tamén editado por Pigmalión, "de modo que é unha satisfacción volver recibila esta tarde grazas a este novo alumeamento, no sentido tamén de deslumbramiento, poético", dixo.

Para Rodríguez Cañada, neste libro, "a poeta peregrina do amor ofrece as súas mellores creacións, nas que é capaz de mesturar melancolía, remembranza e neorromanticismo, como ofrenda aos seus devanceiros e afectos".

Para a cantante sefardí Julia León Conde que ambientou a Sala na presentación con parte do seu repertorio e cantou algúns versos da autora, "Rosa María é auténtica cando fala, cando escribe, cando vive. É valente, e con persoas como ela poderíase cambiar o mundo".

Pola súa banda, Rosalía Castiñeira Quintans sinalou que nunca se expuxo traducir algo para imprimir, pero convenceulle a autora cando lle dixo que quería "xusto a tradución que eu podía facerlle, porque era o galego sentido que sempre me oíu falar", e así o fixo, "aos poucos" penetrándose no poemario, calibrando o sentido de cada verso ata chegar ao 144, o último.

Mentres, para Rafael Permuy López a autora, a quen coñeceu grazas ás novas tecnoloxías e logo fraguouse a amizade, a súa característica fundamental é "a valentía e a súa heroicidade", especialmente "nun momento no que a actualidade é tan hostil como o é nestes tempos".

E finalmente, Rosa María Milleiro, antes de ler ao auditorio unha coidada selección de poemas do novo libro, subliñou que, para ela, a poesía "é unha necesidade xa que é o medio que me permite compartir os meus sentimentos". Grazas a ela, "podo conxugar o sentir fronte ao materialismo e buscar momentos entrañables e únicos; un campo aberto de ecos onde saborear o instante".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes