Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Xornada Empresarial con presentación e degustación de produtos agroalimentarios de elaboración artesá "SonDaqui"

O obxectivo é dalos a coñecer a medios, profesionais e interesados no sector
Madrid, 20 de novembro de 2014

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid, acolle durante o día de hoxe unha Xornada Empresarial organizada por EFA Galicia (Escolas Familiares Agrarias), baixo a rede SonDaquí, co propósito de dar a coñecer a medios e prensa especializada do sector agroalimentario, profesionais da hostalaría, a alimentación e interesados, unha ampla selección de produtos dun total de 15 empresas e cooperativas, que teñen en común a súa aposta polo artesán

No acto matinal que se principiou ás 12:30 horas, procedeuse á inauguración da xornada coa proxección dun vídeo ilustrativo sobre a orixe e os procesos de elaboración dos produtos que forman parte do bodegón/exposición, así como dun ágape SonDaquí para a súa degustación, confeccionado cos alimentos presentados.

Interviñeron, a coordinadora de Actividades Económicas da Casa, Ana Rodríguez Barrena e a formadora e coordinadora de Proxectos da Federación de EFA de Galicia, Mari Espiñeira, quen explicou o papel das EFAs na comunidade galega, formadas hai máis de 40 anos para dinamizar o medio rural con actividades de formación "preparamos as persoas para que sexan elas mesmas as que poñan en marcha os proxectos, no seu propio ámbito,". "Neste acto damos a coñecer algúns dos produtos desas pequenas empresas, que están en disposición de comercializarse máis alá do seu ámbito territorial".

A deputación de A Coruña colabora na realización de este evento, no que participan as seguintes empresas e cooperativas: Asoporcel (Asociacion Porco Celta); Bodegas Finca Dozar (Albariño - Rias Baixas) ; Bodegas Rilo (Branco Lexitimo); Bodegas Valdés (Albariño - Rias Baixas); Conservas Amieiro (Vexetales, marmeladas e membrillos); Conservas La Pureza (Conservas de Pescado); Cooperativa Campo Capela ( Requeixón, lácteos e queixo); Fungocerga (Agricultura ecolóxica e froitos do bosque); Granxa O Cancelo  (Helados "Bico de Xeado"); Grupo Cerdeimar (Conservas de Pescado e mariscos de Galicia); Pan Ignacio (Panaderia e pastelería artesanal); Pescados Pedreira (Caviar de Ourizo); Pulpo de Camariñas ; Queixeria J. Varela (Queixo denominación Arzúa-Ulloa); y  Raposo Cárnicos (Carnes y Embutidos).

Na sesión de tarde, a Xornada Empresarial estará aberta a profesionais da hostalaría, a alimentación e interesados en coñecer esta gama de produtos artesáns galegos. Contará coa intervención dos empresarios e cooperativistas elaboradores dos produtos e haberá tamén unha degustación dun menú SonDaquí.

 

Máis información en hola@sondaqui.es

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes