Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación na Casa do libro de poemas "Todas las estrellas solitarias" de Miguel Losada

A obra, editada por Vitruvio, é unha antoloxía do autor vigués e recolle toda a súa produción poética incluíndo varios textos inéditos
Madrid, 23 de xuño de 2015

"Todas las estrelas solitarias" é o título do libro de poesía de Miguel Losada presentado hoxe na delegación da Xunta de Galicia en Madrid, Casa de Galicia. A obra, editada por Vitruvio, é unha antoloxía do escritor vigués que recolle toda a súa produción e inclúe varios textos inéditos. No acto interveñeron o coordinador de Actividades da Casa Ramón Jiménez; o editor Pablo Méndez; as poetas Beatriz Hernanz  e Pepa Nieto, ademais do propio autor Miguel Losada.

Nas súas palabras Jiménez recordou que a data foi elixida con toda intención "por encontrarse na órbita do solsticio de verán, cando as noites son as máis curtas do ano e as estrelas séntense máis soas que nunca". Do currículo de Losada sinalou que "é amplo e coñecido por todos, polo menos nas facetas esenciais, como as do seu traballo á fronte da Cátedra de Estudos galegos do Ateneo de Madrid, onde dirixiu a súa Biblioteca". Tamén está "o seu traballo como coordinador de ciclos culturais, como o de Los viernes de la Cacharrería, ou a aula de cine da Asociación de Escritores e Artistas Españois, pois Miguel é un especialista en cine (no Ateneo é tamén presidente da Sección de cine, así como membro da Xunta Directiva do Círculo de Escritores Cinematográficos); de modo que Miguel impartiu cursos sobre guión e linguaxe cinematográfica, exerceu crítica cinematográfica en prensa, radio e televisión, interveu en programas de cine, entrevistou grandes personaxes de Hollywood... ". Ademais é autor de Los campos de la nocheEl bosque azul, Última forma, e numerosos libros de cine.

Beatriz Hernanz, que non puido asistir por encontrarse no Instituto Cervantes de Praga, mandou un escrito que foi lido no acto e que sinalaba que "Losada, como Leonardo, quere que na súa obra actúe o home completo".

Pola súa banda, Pepa Nieto resaltou do autor, ademais, "a súa capacidade para transmitir as súas vivencias e entusiasmo pola beleza de todo o que lle apaixona".

Para Miguel Losada, "estar nesta Casa, é volver á casa materna, con todas as estrelas solitarias". Ademais, cando estaba a ler una selección dos seus poemas unha oportuna tormenta provocou -por primeira vez dende a fundación da Casa- uns minutos de apagamento, -feito que atribuíron á maxia da data- deixando a sala con só as luces de emerxencia, o que achegou un efecto moi especial e apropiado para gozar dos seus textos.


 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes