Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Santiago presentou a súa Semana Santa en Madrid

A delegación da Xunta acolleu o acto para incentivar o mercado nacional nesas datas
Madrid, 13 de marzo de 2013.-

A Casa de Galicia acolleu esta mañá a presentación da Semana Santa de Santiago, un acto organizado por Turismo de Santiago en colaboración coas cofradias da cidade, cuxo obxectivo é incentivar o mercado nacional e propoñer Compostela como destino turístico nestas datas. Un pequeno documental con imaxes dos pasos e de diferentes actividades paralelas ilustrou o que o "viaxeiro pode encontrar" na capital galega.

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega deu a benvida á concelleira de Turismo de Santiago, Reyes Leis, e evocou con afecto a cidade da época universitaria "cidade eterna onde habita o Apóstolo".

Pola súa banda, Reyes Leis, tras os agradecementos, expuxo algúns dos atractivos da cidade durante a Semana Santa, que xirarán en torno ás procesións -en Santiago hai 13 confrarías, algunhas do século XV- e actos litúrxicos que terán lugar na cidade, pero tamén outras actividades que se celebrarán nesas datas e que darán unha maior dimensión á Semana Santa.
A oferta inclúe, tal e como explicou Leis, a celebración da primeira edición de "Santiago Pasión", organizada pola Asociación Hostalaría de Compostela coa colaboración de Turismo de Santiago do 22 ao 31 de marzo. Trátase dunha iniciativa na que participarán restaurantes da cidade que ofertarán menús temáticos a un prezo de 18 euros. Todos os clientes recibirán como agasallo un conxunto de publicacións gastronómicas.

Tamén terá lugar a VII edición do Festival de Músicas Contemplativas, no que se celebrarán 18 concertos entre o 21 e o 31 de marzo, en diferentes igrexas e no Auditorio de Galicia, aos que se suma un concerto de presentación, a cargo dos alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais, o 15 de marzo.

 

Máis información na páxina www.semanasantasantiago.com.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes