Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentación en Madrid do libro "Dejadme marchar" da autora coruñesa Begoña Peñamaría Marcos

A obra, da Editorial InÉditor es un homenaje de la autora a su hermano Sergio, que falleció de cáncer, para "mantener su recuerdo y como apoyo a otras familias"
Madrid, 26 de mayo de 2014

A delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia, acolleu esta tarde a presentación do libro "Deixádeme marchar" da deseñadora de moda, Begoña Peñamaría Marcos, -publicado por InÉditor-, que o escribiu como homenaxe ao seu irmán Sergio, falecido por un cancro fulminante aos 33 anos, para manter vivo o seu recordo e transmitir unha mensaxe de esperanza e apoio a outras familias que pasan por un transo similar".

No acto interviñeron, ademais da autora, o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega; Gonzalo López Torres, editor e responsable do selo InÉditor; o catedrático de Dereito Mercantil, avogado e escritor, José Manuel Otero Lastres; e o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, encargado de pechar a presentación.

No acto interviñeron, ademais da autora, o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega; Gonzalo López Torres, editor e responsable do selo InÉditor; o catedrático de Dereito Mercantil, avogado e escritor, José Manuel Otero Lastres; e o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, encargado de pechar a presentación.

Para Ónega, estamos ante unha obra que é "un tremor de terra e de alma", polo sentimento, "un libro auténtico nunha paisaxe de paz".

Para o editor, o monfortino afincado en Coruña, Gonzalo López Torres, cuxo selo publicou preto de medio centenar de obras, "o grao de implicación emocional que logra este libro co lector, non o viramos antes". Explicou que está narrado en primeira persoa. Non é unha novela negra, non hai investigacións nórdicas... é unha viaxe ao máis profundo do ser", dixo.

Otero Lastres, que ademais é autor do prólogo e amigo da familia evocou a imaxe de Begoña, cando nena, que a súa voz a convertería en cantante. Non foi así. "É deseñadora de moda e agora escritora, e unha grande escritora". O tamén escritor, falou dos tres puntos de rigor: a autora; a calidade literaria; e da obra, que "produce un impacto profundo".

Pola súa banda, Begoña Peñamaría Marcos, comentou que escribira o libro "un tempo prudencial, tras a marcha de Segio,". Fíxoo en primeira persoa e en varias ocasións tivo que parar pola dor, pero logo, unha vez na pel do seu irmán, "era coma se el mesmo me guiase", ata tal punto, que en moitas veces recordou cousas que creia esquecidas. Tamén dixo que se trata de "un legado de amor e loita para os seus fillos" ademais de "unha experiencia reconfortante" tanto para ela coma para os seus pais.

A autora leu algunhas mensaxes que recibiu de diferentes persoas, achegadas algunhas e outras descoñecidas, que lle mandaron tras a lectura do libro e en todos había unha nota en común, "a esperanza e o sentimento de paz" de quenes se internaron nas páxinas.

A clausura da presentación correu a cargo do presidente do Consello de estado, José Manuel Romay Beccaría, que tamén presidiu o acto.

 

BEGOÑA PEÑAMARÍA MARCOS (A Coruña, 1971). Procede do mundo do deseño de moda e traballa como directora creativa na firma de moda nupcial que fundou en 1995, coa que tivo importante presenza en revistas especializadas. A súa vocación creativa, ademais do deseño, orientouna cara á literatura, como colaboradora en varias publicacións e talleres de creación literaria. Amante da familia, as viaxes, a música e a lectura, declárase admiradora da súa antepasada Elena Quiroga, escritora e académica da lingua.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes