Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Feijóo avoga pola rebeldía constructiva con solucións e argumentos para superar estes momentos de dificultades

O titular da Xunta presidiu, esta tarde, o acto de presentación do libro Análisis de una época de Enrique Santín
Madrid, 11 de marzo de 2013.-

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avogou, esta tarde na Xunta de Galicia en Madrid,  durante o acto de presentación do libro Análisis de una época de Enrique Santín, pola rebeldía construtiva, con solucións e argumentos para superar estes momentos de dificultades. Ver vídeo do acto.

Así mesmo, aproveitou a presentación da obra para reivindicar a contribución de homes e mulleres que como Santín escriben coa mera intención de contribuír a mellorar o seu país.  "Detrás de cada un dos seus artigos, está a cabeza e o corazón dun home decidido a recoñecer os éxitos do seu pobo e advertir das súas equivocacións. Cando Enrique avisa do ‘perigo das dúas Españas', cando subliña ‘a responsabilidade de votar', cando di que ‘pensamento e acción son inseparables en política', cando fala sobre ‘a política de pactos' ou cando augura que ‘España votará democracia', está usando a súa destreza literaria para animar aos seus compatriotas a que transformen o seu entorno, a que o fagan mellor, a que o perfeccionen sempre", aseverou.

O titular da Xunta agradeceu a Enrique Santín a decisión de recompilar tantos anos de reflexións e "regalarnos unha perspectiva que pode orientarnos nos retos que temos por diante". E, neste senso, lembrou que na análise dunha época, Santín fai ver ao lector que en poucos anos prodúcese no noso país un impulso colectivo que involucra por igual a emprendedores e a traballadores; á Política e á Xustiza; á Administración central e ás autonomías; "a toda a sociedade no seu conxunto".

Pola súa banda, o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, referiuse a este libro como "un documento que describe o milagre das claves deste país". "Santín, mosaico de coñecementos, é ou foi, xurista, profesor universitario, funcionario, escritor, empresario, e, para a laboriosa grey galega de Madrid, unha referencia de honestidade, servizo, axuda e amizade imprescritibles. Neste libro regálanos unha porción de vida deste país".

No acto, que interveu tamén o presidente do Consello de Estado e autor do prólogo do libro, José Manuel Romay Beccaría, asistiron preto de duascentas persoas entre as que estaban, os ex ministros da transición, Marcelino Oreja, Rodolfo Martín Villa, o ex embaixador Robles Piquer; os exdirectores da Casa, Ramón López Vilas e Alfonso S. Plomares, ademais de presidentes e representantes das principais asociacións de profesionais e colectividades galegas en Madrid.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes