Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

No encontro presentouse a "XIII Conferencia Internacional" que se celebrará no Tecnolóxico de Vigo do 15 ao 17 de xuño

Científicos e técnicos de toda España reúnense na Casa para poñer en común os avances realizados
Madrid, 20 de mayo de 2015

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid acolle hoxe o primeiro encontro de 2015 de máis dunha vintena de profesionais dos Parques Científicos e Tecnolóxicos membros de APTE, (Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España) para poñer en común os avances levados a cabo polos grupos de traballo da Asociación.

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega deulles a benvida "en nome do presidente, a estas nosas instalacións, que sempre estarán ao servizo dos que cada día traballan polo avance da tecnoloxía, sector no que vostedes son un referente", palabras que os asistentes responderon cun caloroso aplauso.

A xornada iniciouse coa presentación por parte de José Carlos García, Coordinador Tecnolóxico de Promoción Económica da Zona Franca de Vigo do programa e actividades previstas na décimo terceira Conferencia Internacional de APTE, que terá lugar en Vigo os días 16 e 17 de xuño e que baixo o lema "cara ao parque dixital, organización 2.0", reunirá numerosos relatores do mundo dixital para afondar na aplicación de estratexias 2.0 nos parques científicos e tecnolóxicos.

Posteriormente, Manuel Rodríguez Rodríguez, Cloud Ecosystem e Developers Architec de IBM presentou aos técnicos o IBMGLOBAL ENTREPRENEUR, que ofrece infraestruturas a medida para que as empresas poidan contratar servidores e deseñar as súas propias APPs sen necesidade de ter coñecementos de programación. A entidade pon a disposición dos emprendedores esta tecnoloxía de forma gratuíta durante un ano, ademais de proporcionar servizos de mentoring.

Tras as presentacións, os técnicos dividíronse en grupos de traballo para avanzar sobre tres temas previstos no programa da xornada: Horizonte 2020, novos servizos en parques científicos e tecnolóxicos e fondos estruturais.

A xornada continúa pola tarde coa posta en común dos traballos realizados e os resultados das mesas de traballo.

 

APTE-Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (www.apte.org) creouse en 1989 como unha asociación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo principal é colaborar, mediante a potenciación e difusión dos parques científicos e tecnolóxicos, á renovación e diversificación da actividade produtiva, ao progreso tecnolóxico e ao desenvolvemento económico. Actualmente conta con 68 parques membros repartidos por toda a xeografía española. 49 deles son parques Socios, é dicir, plenamente operativos, 17 son parques Afiliados que están en proceso de desenvolvemento, e por último 2 membros Colaboradores. Estes parques acolleron en 2013 6.286 entidades que facturaron 21.125 millóns de euros. Estas empresas proporcionan emprego a máis de 147.700 persoas, das que 30.978 se dedican a tarefas de I+D

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes