Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

O musicólogo e folclorista Joaquin Díaz analizou na Casa "A pegada do xacobeo no folclore castellán"

A delegación da Xunta en Madrid acolle esta semana a décimo cuarta edición do "Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos"
Madrid, 25 de novembro de 2014

"O romeiro e peregrino, cansos de camiñar, comezan logo a cantar para alivio do camiño".Con estas palabras do vihuelista Narváez quixo resumir o conferenciante a necesidade dos romeiros e peregrinos de usar o recurso da música para facer máis levadeiro o Camiño. Esa necesidade foi o motor que impulsou todas as tendencias en todas a direccions. O musicólogo e folclorista Joaquín Díaz pronunciou hoxe a conferencia "A pegada do xacobeo no folclore castelán", dentro do "Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos", que a Casa acolle esta semana.

No acto, ademais do relator, interviñeron o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez e José Antonio Ortiz, presidente da Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid, encargado de realizar a presentación do conferenciante. Joaquín Díaz é tamén músico, autor de máis de medio cento de discos e outros tantos libros. Dende mediados dos anos sesenta, e como froito do seu interese pola cultura tradicional, comezou a dedicarse por completo ao estudo e divulgación da cultura popular, ofrecendo concertos e conferencias en case todas as universidades españolas e outras moitas de Portugal, Francia, Italia, Alemaña, Holanda e Estados Unidos.

Na conferencia, Díaz fixo un percorrido da peregrinación pola literatura e a cultura popular. Nela tratou "os diferentes temas musicais que enxalzaron a figura do peregrino, que alertaron as dificultades que podería ter o percorrido, que recorreron a temática da axuda sobrenatural para superar os obstáculos e mesmo das lendas que se crearon acerca da súa actividade".

O relator recitou coa súa especial voz modulada: romances, cancións, relatos e lendas de diferentes lugares que reflicten a ampla repercusión que tivo o xacobeo no folclore popular.
En moitos dos romances os peregrinos eran identificados coa santificación, pola súa ousadía e valentía que se lles atribuía por abandonar cómodos fogares por un camiño incerto, e eran por iso ben recibidos. Noutras ocasións aparecen como portadores de boas novas; aínda que tamén hai outras moitas que reflicten as súas andanzas e delitos. "Os peregrinos, moitas pousadas e poucos amigos", dicía un refrán malia que outros ditos aluden a que cada romeiro era responsable dos seus actos.

Joaquín Díaz fixo finalmente alusión ás romaxes locais que "preparaban para percorridos máis longos e que creaban devocions con tradición propia que se repetía cada ano".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes