Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, asistiu á inauguración da exposición "La Seda. Del origen al futuro por la Ruta de la Seda"

Exhíbese na Real Fábrica de Tapices, organizada por esta entidade e o Instituto Seda España
Madrid, 18 de novembro de 2019.

O delegado da Xunta e director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, asistiu hoxe á inauguración da exposición "La Seda. Del origen al futuro por la Ruta de la Seda", que se exhibe na sede da Real Fábrica de Tapices, en Madrid, organizada por esta entidade e polo Instituto Seda España.

A exposición foi presentada polo vicepresidente do Instituto Seda España, Enrique Gaspar Rodríguez, e o director xeral da Real Fábrica de Tapices, Alejandro Klecker. Nela faise un percorrido por esta industria milenaria, desde a súa orixe -como se xesta un verme- á perspectiva de desenvolvemento sustentable da axenda 2030 de Nacións Unidas, pasando pola súa chegada a España e Europa, a creación das Reais Fábricas e como se introduciu en ámbitos científicos como a medicina ou a industria da cosmética.

Entre outras cousas, poden verse nela deseños de Balenciaga, de Agatha Ruiz de la Prada, deseños de firmas téxtiles actuais, mantones de Manila e a túnica da imaxe de Jesús do Gran Poder de Sevilla.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter