Actualidade
A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia dedica un relatorio á figura do conde de Gondomar no IV Centenario do seu nobramiento
A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a conferencia "O Conde de Gondomar no seu IV Centenario", con motivo do cuarto centenario do nomeamento de Diego Sarmiento como primeiro Conde de Gondomar por Felipe III, e o 450 aniversario do seu nacemento, que pronunciou o catedrático de Lingua e Literatura Española Fernando Bartolomé Benito.
A xornalista lucense Aida Soilán presenta na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a súa primeira novela, "Orillas de Ébano. El swing del destino"
A xornalista lucense Aida Soilán Enríquez presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a súa primeira novela, "Orillas de Ébano. El swing del destino", publicada por Editorial La Plana e prologada pola editora Carmen Sánchez Egea, na que a recentemente estreada escritora narra a historia dunha xornalista de Nova Orleans que se enfronta "á peor das historias, a súa propia". "Tenta con todas as súas forzas conectar coa súa pel de ébano".
A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia ofrece ata o 30 de xuño a exposición de pintura "Mirando o Mar" de Teresa Irisarri
A sala B da Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolle ata o día 30 de xuño a exposición de pintura "Mirando ao mar" de Teresa Irisarri, na que a artista viguesa ofrece unha mostra composta por cadros de amplo formato e vivas cores, que son como fiestras polas que se pode ver un mundo máxico, cheo de seres imaxinarios inspirados en mitos primitivos e antigos contos infantís.
A exposición de pintura "Só son humano, despois de todo", de Marinela Fontoira estará na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia ata o 30 de xuño
A artista plástica pontevedresa afincada en Madrid Marinela Fontoira ofrece a súa exposición de pintura "Só son humano, despois de todo" na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia ata o 30 de xuño. As obras, que ocupan as salas A e L do edificio, caracterízanse por un estilo propio no que funde paisaxismo abstracto e figuras realistas cheas de expresividade e movemento, xunto cunha gran riqueza cromática.
A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta mañá a presentación da festa do Corpus de Ponteareas declarada de Interese Turístico Internacional
A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta mañá a presentación da FESTA DO CORPUS CHRISTI, organizada polo Concello de Ponteareas, e que se celebrará o domingo 18 de xuño. Nela os veciños preparan, deseñan e confeccionan vistosas e coloridas alfombras florais coas que engalanan as rúas e prazas da vila pontevedresa. Pola súa espectacularidade xa foi declarada de Interese Turístico en 1968; de Interese Turístico Nacional en 1980; e en 2009 de Interese Turístico Internacional. No acto interviñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López; o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas Giráldez; a concelleira de Cultura, Hortensia Bautista Fernández e o pregoeiro do Corpus Christi 2016, Roi Groba González.
A deseñadora, empresaria e escritora coruñesa Begoña Peñamaría presenta na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o seu libro "Claves para vestir bien sin arruinarnos en el intento"
A deseñadora, empresaria de moda e escritora coruñesa Begoña Peñamaría Marcos presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o seu libro "Claves para vestir bien sin arruinarnos en el intento", un manual editado por Hércules de Ediciones e prologado por Mayte González Trillo, directora do programa "Hoy por hoy A Coruña", de Radio Coruña, Cadena Ser. Nel, Peñamaría ofrece claves para que as mulleres vistan de forma adecuada en todo momento e consellos que axudan a construír un bo fondo de armario, a comprar nas rebaixas, a facer ben as maletas ou a sacarlle máis partido á roupa, entre outras cousas.
Christian Careaga presenta na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o seu último libro, "China: de la homologación a la armonía económica mundial"
O doutor en Ciencias Económicas e Empresariais Christian Careaga Guzmán presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o seu último libro, "China: De la homologación a la armonía económica mundial" no que aborda, entre outras cousas, as relacións económicas entre EE.UU, a UE e China, posibles vías para o comercio mundial e os cambios esperados na política internacional chinesa.
Asomega celebra na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia unha reunión da súa Xunta Directiva e a súa Asemblea Xeral anual
A Asociación de Médicos Galegos en Madrid (Asomega), que preside Julio Ancochea, celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia unha reunión da súa Xunta Directiva e a súa Asemblea xeral anual. O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, deu a benvida aos directivos da Asociación e desexoulles un frutífero traballo.
Viruca Yebra presenta na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a súa primeira novela, "El fuego del flamboyán"
A xornalista lucense (Sarria) Viruca Yebra presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a súa primeira novela, "El fuego del flamboyán", sobre a emigración galega a Cuba, na que a árbore do lume será testemuña da fortuna e a mestizaxe dos seus personaxes. A editorial, Almuzara, destaca da obra que "evoca maxistralmente, a través dunha fascinante saga familiar, o contraste entre as vidas da Galicia profunda e a súa próspera emigración á sensual Cuba da primeira metade do século XX".
A Delegación da Xunta en Madrid acolleu hoxe a presentación do documental "Contando a Carlos Casares" de Gonzalo E. Veloso
A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a proxección do documental de Gonzalo E. Veloso, "CONTANDO A CARLOS CASARES", parte do cal se gravou na nosa institución e que tamén hoxe se presentou en Ourense, polo que o director non pudo viaxar a Madrid. O acto enmárcase dentro da celebración do Día das Letras Galegas, xunto co concerto "A cantiga lírica galega" da soprano María Rodríguez, acompañada ao piano por Juan Durán que a Casa programou para o propio día 17 de maio.
A proxección estivo seguida dun coloquio no que interveu a historiadora e documentalista do audiovisual, Melodi Parga Otero. A presentación correu a cargo do Coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, quen o fixo en nome do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega.