Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 161 - 170 de 849 resultados.

Aegama e a Fundación Ciudad presentan na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o próximo encontro do Foro Iberoamericano de Ciudades

Momento da presentación no que intervén o presidente de Aegama, Julio Lage.

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama), que preside Julio Lage, e a Fundación Ciudad do Foro Iberoamericano de Ciudades, que preside Tomás Vera, celebraron hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia un almorzo informativo sobre o próximo encontro do Foro Iberoamericano de Ciudades, que ten programado celebrarse en Ecuador, na cidade de Ambato os días 10, 11 e 12 de novembro, aínda que se apuntou a posibilidade dalgún atraso por axustes na axenda do presidente de Ecuador.

Expertos do proxecto europeo "Empattics" reuníronse na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia para avaliar as ofertas presentadas para o desenvolvemento das súas solucións

O delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, dirixiuse aos participantes na reunión.

Expertos de varios países do proxecto europeo "Empattics" reuníronse esta mañá na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia para poñer en común as vinte e unha ofertas que recibiron para o desenvolvemento das súas solucións e acordar a puntuación que lles atribúen para comunicarllo á Mesa de Contratación do proxecto, que constitúe unha acción de compra pública precomercial de tecnoloxía sanitaria no que participan oito entidades de cinco países e está coordinado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). O delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, dirixiuse aos participantes no encontro e interesouse polos traballos.

A multinacional viguesa Equantia reuniuse na Casa de Galicia en Madrid para expansión internacional

1. O delegado da Xunta e director da Casa José Ramón Ónega (no centro) con dirixentes de Equantia e de Rede Impulsa.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta mañá a reunión de directivos da empresa multinacional galega, EQUANTIA, cuxa sede central atópase en Vigo e de Rede Impulsa, de Barcelona, co obxectivo de ampliar a expansión dos servizos financeiros e de consultoría ao mercado británico. O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega  recibiu aos profesionais e deulles a benvida á Casa, que "como saben vostedes, entre os seus obxectivos está o de apoiar, na medida das nosas posibilidades, ás empresas galegas nas súas iniciativas. Como sempre digo, aquí teñen vostedes a súa Casa". Pola súa banda, o director xeral de Equantia, Manuel Cortizo agradeceu a "sempre estupenda acollida que nos dispensan, e esta colaboración en Madrid porque nos facilita moito o noso traballo. Os empresarios galegos temos aquí, mesmo nas etapas máis difíciles, todas as facilidades en Madrid, e é algo que valoramos profundamente, desde hai anos", comentou.

A escritora ferrolá Rosa María Milleiro presenta o seu último poemario, "Quise ser la barca comprimida en tus remos", na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia

A escritora Rosa María Milleiro, o senador Ángel Mato Escolano, o coordinador de actividades da Casa Ramón Jiménez, o presidente da Federación Española de Surf, Carlos Jorge García, e o editor Basilio Rodríguez Cañada, preparados para a presentación.

A escritora, publicista e profesional da comunicación  ferrolá Rosa María Milleiro Domínguez presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o seu último poemario, "Quise ser la barca comprimida en tus remos", en edición bilingüe español-galego realizada polo Grupo Editorial Sial Pigmalión na súa Colección de Poesía.

A exposición "Pintura 1997-2017" de Carmen Iglesias estará na Casa de Galicia ata o 30 de outubro

1. A pintora Carmen Iglesias ante dous dos seus bodegóns.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolle a exposición "Pintura 1997-2017" de Carmen Iglesias ata o día 30 deste mes de outubro. A artista santiaguesa afincada en Madrid e que pasa longas tempadas no pobo da súa infancia, Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), ofrece unha selección das súas obras máis representativas, nas que predominan bodegóns, paisaxes e retratos relacionados coa súa orixe galaica, o mar e o xardín da casa familiar, temas nos que segue atopando inspiración.

Feijóo pon en valor ao arquitecto Vázquez-Gulías: "Si tivésemos moitos como el hoxe Galicia sería ainda máis fermosa do que é"

Un momento da proxección da mensaxe do presidente Núñez Feijóo.

A exposición finalizou cunha mesa redonda na que tamén participaron o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, o catedrático de Historia da arte Jesús Ángel Sánchez García e a presidenta do Centro Cultural Daniel Vázquez-Gulías M., Lucila Vázquez-Gulías Vázquez.

A Delegación da Xunta en Madrid acolleu esta tarde a presentación da edición bilingüe de "Hai tanto que non estabas/Fai tanto que non estabas" de Vicente Araguas

1. Vicente Araguas, Ramón Jiménez e Luís Luna co libro que se presentou esta tarde na Casa de Galicia.

La Delegación de la Xunta en Madrid/Casa de Galicia acogió esta tarde la presentación del libro, en edición bilingüe "Hai tanto que non estabas/Hace tanto que no estabas", del poeta y catedrático de Filología Inglesa ferrolano Vicente Araguas, publicado por Amargord ediciones. El polifacético autor estuvo acompañado por el escritor y director de la colección Fragmentaria de Amargord Ediciones, Luis Luna.

A empresa galega Summum Delicatessen presentou na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a súa nova marca, "Gran Reserva Galega"

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, a directora-xerente de Summum Delicatessen, Elena Pérez, e o creador de Gran Reserva Galega, Rafael Enrique, nun momento da presentación.

A firma galega Summum Delicatessen, da que é directora-xerente Elena Pérez Pardo, presentou  hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a súa nova marca "Gran Reserva Galega", que nace coa misión de segmentar e seleccionar, baixo criterios de calidade, autenticidade e diferenciación, produtos de marca de orixe galega e como distintivo diferenciador para axuntar marcas que ofrecen produtos de excelencia e calidade, producidos e elaborados en Galicia. Este novo concepto ofreceu na presentación a unión de exclusivos produtos gourmet de orixe galega, unha lámina coa reprodución dunha das obras da pintora galega Eva Cancela e unha peza da afamada cerámica de Sargadelos nunha exclusiva caixa de agasallo.

A Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación do libro "Epigramas 2016" do economista e poeta coruñés Ramiro Facal

1. Presentación do libro Epigramas 2016 de Ramiro Facal. De esquerda a dereita Carlos Reigosa, Ramiro Facal, Ramón Jiménez, Manuel Molares e Antonio Huerga.

Un ano máis, porque este é o segundo, o economista e poeta Ramiro Facal presentou na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o seu libro "Epigramas 2016" no que o autor de Malpica ofrece a súa particular visión crítica e aceda tomando como base os titulares das noticias que foron portada nos principais xornais nacionais. No acto interviñeron ademais de Facal: o coordinador de Actividades Culturais Ramón Jiménez, -quen o fixo en nome do delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega-; os xornalistas Carlos G. Reigosa e Manuel Molares do Val; así como o editor da obra, Antonio J. Huerga.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a súa concelleira de Cultura, Carmen Basadre, presentan na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia as festas de San Froilán de Lugo 2017

A concelleira de Cultura e Turismo de Lugo, Carmen Basadre, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, nun momento da presentación.

 A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia foi o escenario elixido para a presentación en Madrid do programa das festas San Froilán de Lugo 2017 que se celebrarán na cidade amurallada entre os días 4 e 12 de outubro, nove días nos que se desenvolverán 200 actividades aptas para todos os públicos e idades. O acto estivo a cargo da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, da súa concelleira de Cultura e Turismo, Carmen Basadre Vázquez, e do delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López. Entre o público que asistiu achábanse o deputado por Lugo e exalcalde da cidade Joaquín García Díez, o senador por Lugo José Manuel Barreiro e o escritor Carlos G. Reigosa.

Mostrando o intervalo 161 - 170 de 849 resultados.