Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 181 - 190 de 787 resultados.

Investigadores do IDIS/SERGA e de varios hospitais españois organizan na Casa de Galicia a súa colaboración na tecnoloxía M-Trap

Reunión para organizar a colaboración na tecnoloxía M-Trap, con Miguel Abal (ao fondo) e Rafael López (4º pola dcha.).

Os investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS/SERGA) Miguel Abal e Rafael López, que lideran o proxecto de investigación "Tecnoloxía M-Trap para a captura das células metastásicas en cancro de ovario" que se desenvolve no Hospital de Santiago, mantiveron ao longo do día de hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia unha reunión de traballo con outros investigadores de sete hospitais nacionais que colaborarán no seu desenvolvemento. A tecnoloxía M-Trap foi creada en Galicia partindo dun proxecto financiado en orixe polo Fondo de Ciencias da Fundación Barrié.

Presentado na Casa de Galicia en Madrid o poemario "Sacar a bailar", da autora coruñesa Rosalía Fernández Rial

Novo, Jiménez, Fernández Rial, Araguas e Cañada.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación do poemario "Sacar a bailar", en edición bilingüe, galego e castelán, de Sial-Pigmalión, no que a autora coruñesa Rosalía Fernández Rial (Carballo, Muxía) reúne poesía creada entre 2009 e 2016.

Galicia acollerá en xuño o primeiro econtro internacional "Conecta Fiction" do sector televisivo

1. De esquerda a dereita, Jacobo Sutil Nesta, AGADIC; Julián Izqdo. Zamarriego, ICEX ; José Ramón Ónega delegado da Xunta en Madrid, Geraldine Gonard, CEO de Conecta Fiction e Xosé Luís G. Canido, da Fundación SGAE.

Galicia será a sede do 21 ao 23 de xuño do encontro internacional Conecta Fiction, primeiro evento dedicado á ficción televisiva que conectará Europa con América Latina e Estados Unidos. A Xunta, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o ICEX España Exportación e Investimentos e a Fundación SGAE promoven esta iniciativa, que reunirá na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, os representantes de cadeas de televisión, distribuidoras e produtoras de ambos continentes e que ten previsto, así mesmo, unha serie de actividades abertas ao público.

O binomio creativo Arte Guiglo inaugura na Casa de Galicia en Madrid a exposición "Fusión de espazos"

Os artistas cunha das súas obras.

O binomio creativo Arte Guiglo, constituído polos artistas plásticos Guille de la Paz Serra e Gloria López Paz (Padrón-A Coruña), que residen en Boiro (A Coruña) inaugurou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a exposición de pintura (óleos, acrílicos, acuarelas,...) "Fusión de espazos" que pode verse nas salas A e B da Casa ata o próximo día 30. Con ela ábrense as actividades públicas da Casa de Galicia en 2017.

A Casa de Galicia en Madrid acolleu a reunión xacobea na que participaron representantes de diferentes institucións relacionadas co Camiño de Santiago

1. Os representantes das diferentes institucións na reunión de traballo.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde na Sala L unha reunión de traballo na que participaron preto dunha vintena de persoas de diferentes institucións relacionadas co Camiño, co obxectivo de axuntar esforzos, preparar e presentar as ferramentas de colaboración de cada unha das partes. Entre os asistentes estaban representantes do Xacobeo, (Xunta de Galicia); do  ING, Instituto Xeográfico Nacional, (Ministerio de Fomento); así como da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago (que acolle a 35 asociacións de diferentes comunidades do territorio nacional).

A Casa de Galicia en Madrid ofreceu o concerto "Músicas do mundo... para todo o mundo", do grupo Batital

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, no centro, co grupo Batital.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, ofreceu hoxe o concerto "Músicas do mundo... para todo o mundo" do grupo Batital, banda lucense que interpretou temas musicais de quince países, fusionando a música de raíz co folclore e ritmos galegos, todo iso "baixo o fío condutor dun guión literario que profunda na historia de cada canción, na obra do seu compositor, na situación histórica na que se compuxo ou na análise musical e rítmica da obra". Un concerto que encheu a sala e foi moi aplaudido.

"2000 años del Balneario de Lugo: un modelo de activación del patrimonio termal", de J. Mario Crecente e Silvia G. Soutelo

1. Co libro, Mario Crecente, o deputado por Ourense Celso Delgado; o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega ; Antonio Garaloces director do Balneario e o deputado lucense Joaquín Díez.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta mañá a presentación do libro "2000 años del Balneario de Lugo: un modelo de activación del patrimonio termal", editado polo arquitecto J. Mario Crecente Maseda e a arqueóloga Silvia González Soutelo, baixo o patrocinio do Balneario de Lugo. A obra que conta con case setecentas páxinas e numerosas imaxes tanto antigas como actuais, ofrece un amplo e completísimo estudo realizado sobre o balneario así como varias propostas de valorización do mesmo. No acto interviñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega; o propietario do Balneario Termas Romanas de Lugo, Antonio Garaloces Paz; e un dos autores, Juan Mario Crecente Maseda.

Conde destaca o labor da Casa de Galicia en Madrid para que a Comunidade galega sexa vista como "unha terra de oportunidades"

9170.- Francisco Lobatón Sánchez de Medina, "Paco Lobatón", presidente de QSD Global; Victorio Magariños Blanco, notario; Danko Prokic, embaixador da República de Serbia no Reino de España, José Francisco "Cheché" Real Castro, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo; Argimiro Vázquez Guillén, procurador dos Tribunais de Madrid; Pilar Rojo, presidenta da Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso dos los Deputados; o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; a presentadora Silvia Jato; o delegado da Xunta de Galicia, José Ramón Ónega; Jesús Gavilán López, presidente da Sección 8ª da Audiencia Provincial de Madrid, e Martín Barreiro Carreira, meteorólogo. Faltan José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié, e o cardeal-arcebispo de Madrid, Carlos Osoro Sierra, que tiveron que abandonar o acto antes de finalizar..

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañado da presidenta da Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados, Pilar Rojo, presidiu esta tarde en Madrid a clausura das actividades deste ano da Casa de Galicia, da que destacou o seu papel de embaixadora e catalizadora da Marca Galicia na capital de España, contribuíndo a facer que Galicia sexa vista como "unha terra de oportunidades".

Presentado na Casa de Galicia en Madrid o programa turístico "Un paseo polo Nadal de Galicia"

1. Os intervenientes (no centro) saen con algúns invitados.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta mañá a presentación do programa turístico "Un paseo polo Nadal de Galicia", no que se inclúen as principais actividades de lecer para gozar das Festas do Nadal na Comunidade galega. No acto interviñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega; a concelleira de Turismo e Comercio da localidade lucense de Viveiro, Marisol Rey; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Asistiron xornalistas de medios especializados, profesionais do sector e diversos invitados.

A Casa de Galicia en Madrid acolleu este ano a celebración do "V Nadal Galega" coa asistencia do delegado da Xunta en Madrid e o secretario xeral de Emigración

1. Membros de diferentes agrupacións galegas en Madrid co secretario xeral de Emigración Antonio Rodríguez Miranda (terecero pola esquerda) e o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega (centro).

A Casa de Galicia en Madrid, sede da Delegación da Xunta na capital de España acolleu esta tarde a celebración de "Nadal Galego", na súa V edición, que contou coas intervencións do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda e do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega. O acto, que está organizado polo Club de Xornalistas Galegos en Madrid en colaboración coa Federación de Asociacións Galegas en Madrid (FAGAMA) e a Secretaría Xeral da Emigración, contou coa asistencia de directivos e membros das diferentes asociacións culturais e profesionais con sede na Comunidade de Madrid.

Mostrando o intervalo 181 - 190 de 787 resultados.