Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 11 - 20 de 860 resultados.

Moncho Conde-Corbal presenta na Casa de Galicia o libro "O noso camiño. Guía pelerinaxe Ourense Santo André de Teixido"

Moncho Conde-Corbal, Xaquín López, Ramón Jiménez e José García-Calvo.

O escritor e editor ourensán Moncho Conde-Corbal presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o libro "O noso Camiño. Guía pelerinaxe Ourense-Santo André de Teixido", do que é coautor xunto a Santiago Lamas. A obra, editada por Ediciones El Cercano, que dirixe Conde-Corbal, conta con colaboracións de Darío Villanueva e Manuel Janeiro, con fotografías de Moncho Conde-Corbal e Antonio Vázquez e con cartografía de José García-Calvo e Antonio Vázquez. Trata da peregrinaxe desde Ourense a San Andrés de Teixido, 262 quilómetros que aborda en once etapas, con cartografía, fotografías, datos sobre as súas características técnicas e posibles aloxamentos e o relato do percorrido; é unha homenaxe á peregrinaxe que por este mesmo camiño realizaron os membros da Xeneración Nós Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey en 1927.

Pilar Quintás e Esperanza Martínez de Salinas expoñen na Casa de Galicia en Madrid a mostra "O noso camiño", con especial referencia ás paisaxes de Galicia

As pintoras Esperanza Martínez de Salinas e Pilar Quintás fronte a senllas obras da exposición.

As artistas Pilar Quintás e Esperanza Martínez de Salinas comparten unha longa traxectoria pictórica e de amizade que ten como principal referencia as paisaxes de Galicia, cuxos resultados, en forma de cadros pintados en acrílico e óleo sobre táboa e papel, de gran cromatismo e distintos formatos, mostran na exposición "O noso camiño", que ocupa as tres salgas de exposicións da Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia (A, B e L) onde se exhibe desde hoxe ata o próximo 30 de outubro.

Os socios do proxecto europeo TITTAN, que coordina Galicia, reúnense na Delegación da Xunta en Madrid para compartir experiencias

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, diríxese aos asistentes á reunión, acompañado polo xestor do proxecto, José María Romero Fidalgo.

Os socios do proxecto interrexional europeo TITTAN, (Translation, Innovation & Technology Transfer in Ageing Network) que coordina a Consellería de Sanidade de Galicia a través da Axencia de Coñecemento en Saúde ( ACIS) celebraron hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a primeira reunión do proxecto na súa segunda fase, co obxecto de compartir experiencias relacionadas coa implementación dos seus respectivos plans de acción, que constitúen a segunda fase do proxecto. Aquí foron recibidos polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, quen lles desexou unha proveitosa xornada de traballo.

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, intervén na inauguración da "Exposición de fotografías del Rastro de Madrid", de Alejandra Seijas

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega (no centro), pousando con Alejandra Seijas e representantes da colectividade galega en Madrid.

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, interveu na inauguración da "Exposición de fotografías do Rastro de Madrid", de Alejandra Seijas, madrileña descendente de pontevedreses de Lalín e fotógrafa da axencia Lalinpress, que se exhibe na madrileña sala Espacio Rastro Madrid (rúa San Cayetano, 5).

 

José Ramón Ónega representou al Goberno galego na celebración do XX Día de Galicia en Madrid organizado polo Centro Gallego

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, xunto ao cardeal Carlos Osoro no seu saúdo aos grupos folclóricos, acompañado do presidente do Centro Gallego, Fernando Rey, e de directivos das asociacións galegas.

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, representou ao Goberno galego na celebración do XX Día de Galicia en Madrid organizado polo centenario Centro Gallego da capital, que preside Fernando Rey Paz.

Bruno Padín Portela: "A traizón é un elemento esencial dentro do proceso de construción da identidade nacional española"

Tomás Rodríguez, Bieito Rubido, José Ramón Ónega, Bruno Padín e a súa noiva, Sonia Bernárdez.

O escritor pontevedrés (O Grove) e doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela Bruno Padín Portela presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a súa obra "La traición en la historia de España", publicada por Ediciones Akal, na que "a traizón e o traidor aparecen como unha especie de maldición na historia de España". "A traizón é un elemento esencial dentro do proceso de construción da identidade nacional española", afirma o autor.

O director de Turismo de Wakayama na Delegación da Xunta en Madrid

1. Co cartel de Wakayama e a figura de Santiago símbolos dos dous camiños espirituais de Xapón e España, de esquerda a dereita, R. Jiménez, T. Shibata, N. Hirokazu, J. R. Ónega, e R. Castro.

O director executivo de Turismo da prefectura xaponesa de Wakayama, Nakashima Hirokazu visitou esta mañá a Delegación da Xunta en Madrid onde foi recibido polo delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega; o director da Oficina de Turismo de Galicia en Madrid, Roberto Castro; o coordinador de Actividades, Ramón Jiménez e a responsable de Prensa, Rosa Figueroa.

"Conservar é medrar" do novo artista Fernando Búa na Delegación da Xunta en Madrid en xullo

1. Fernando Búa Domínguez ante a súa obra COSTA DE COMBARRO.

A Sala A de a Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá durante o mes de xullo a exposición "CONSERVAR É MEDRAR" do novo artista pontevedrés Fernando Búa Domínguez, quen ofrece nesta mostra unha selección das súas obras feitas a plumilla desde que tiña só 9 anos ata a actualidade con 16, centradas especialmente na historia da cidade de Pontevedra e arredores, así como no seu patrimonio etnográfico baseándose en fotografías de finais do século XIX e do XX.

A Fundación Barrié celebra hoxe na Delegación da Xunta en Madrid o III e último Seminario da extensión nacional do "Programa Formativo Máis Social-2019"

1. De esquerda a dereita, o formador Joan Plans, a responsable do programa Greta Fábregas, o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega e o director académico do programa Carlos Cortés.

En total, máis de 80 profesionais dunha trintena de entidades do Terceiro Sector participaron nos tres seminarios do Programa Formativo Máis Social da Fundación Barrié que se celebraron na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia desde o mes de maio. O obxectivo segue sendo o apoiar o fortalecemento das capacidades de xestión das entidades do Terceiro Sector social agora tamén no ámbito nacional, coa participación de entidades, confederacións, federacións, redes ou similares de ámbito nacional. Hoxe estase impartindo o terceiro e último seminario, que leva por título "¿Como desenvolver as túas habilidades en beneficio da túa entidade?" (Nivel avanzado), a cargo de Joan Plans, licenciado en Psicoloxía e Programa de Desenvolvemento directivo polo IESE, e ao que están a asistir 34 persoas de 20 entidades.

"Galicia, talento para exportar"

1. De esquerda a dereita, Aldara Figueiras, márketing de IGATA, Elías Casado de NOVA, o deputado Diego Gago, o coordinador de Actos Ramón Jiménez, Ana Simoneta de AIESEC e Emilio Froján de IGATA.

Baixo o título "Meigas save the talent" o Instituto Galego do Talento organizou esta tarde unha mesa redonda na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia para falar dos novos modelos de liderado e o futuro do traballo. O Instituto Galego do Talento (IGATA) é unha nova maneira de exercer a galeguidade na era da internet e está formado por mozos e mozas profesionais que desempeñan altos cargos en política, empresas, Ongs, universidades, investigación e emprendedores de éxito... IGATA está en sete países, con especial presenza en Estados Unidos, Reino Unido e Australia.

Mostrando o intervalo 11 - 20 de 860 resultados.