Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 221 - 230 de 883 resultados.

A Delegación da Xunta en Madrid acolleu esta mañá a reunión arrinque da segunda edición do proxecto Novedar_Consolider da Escola de Enxeñería da Universidade de Santiago

1. O delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega coa Dra. en Enxeñería Química, Sonia Suárez e o catedrático e coordinador do proxecto Juan M. Lema, ambos da USC.

"Seguimos traballando e investigando, e hoxe iniciamos a segunda edición do proxecto", dixo o catedrático de Enxeñería Química da Universidade de Santiago e coordinador do a RedNovedar, Juan M. Lema e engadiu que "o obxectivo final segue sendo desenvolver e implementar tecnoloxías innovadoras para o tratamento e recuperación de recursos de augas residuais e lodos". Para a Dra. en Enxeñería Química e xestora de RedNovedar, a tamén galega Sonia Suárez, é unha investigación continua, que se iniciou fai cinco anos, e entre os seus logros está o que xa haxa unha decena de patentes en explotación por empresas de España, Europa e EE.UU. que as están aplicando, con excelentes resultados".

O catedrático da USC José Carlos Bermejo Barrera presentou na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o seu último libro, "Rectores y privilegiados. Crónica de una universidad"

O escritor Pedro Piedra, o editor Jesús Espino, a profesora da USC Mar Llinares, o delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, o autor do libro, José Carlos Bermejo, e o director de El Correo Gallego, José Manuel Rey Nóvoa.

O catedrático de Historia Antiga da Universidade de Santiago de Compostela (USC) José Carlos Bermejo Barrera presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o seu último libro, "Rectores y privilegiados. Crónica de una universidad", unha obra publicada por Ediciones Akal na que se analiza, desde unha perspectiva crítica, a evolución da Universidade de Santiago de Compostela na última década, a través de pequenos ensaios estruturados previamente publicados en prensa, fundamentalmente no diario El Correo Gallego.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia dedica un relatorio á figura do conde de Gondomar no IV Centenario do seu nobramiento

1. O conferenciante Fernando Bartolomé co coordinador da Casa de Galicia, Ramón Jiménez.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a conferencia "O Conde de Gondomar no seu IV Centenario", con motivo do cuarto centenario do nomeamento de Diego Sarmiento como primeiro Conde de Gondomar por Felipe III, e o 450 aniversario do seu nacemento, que pronunciou o catedrático de Lingua e Literatura Española Fernando Bartolomé Benito.

A xornalista lucense Aida Soilán presenta na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a súa primeira novela, "Orillas de Ébano. El swing del destino"

A xornalista e escritora Aida Soilán, o coordinador de Actividades Culturais da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, a escritora e xornalista Nieves Herrero e o profesor David Álvarez.

A xornalista lucense Aida Soilán Enríquez presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a súa primeira novela, "Orillas de Ébano. El swing del destino", publicada por Editorial La Plana e prologada pola editora Carmen Sánchez Egea, na que a recentemente estreada escritora narra a historia dunha xornalista de Nova Orleans que se enfronta "á peor das historias, a súa propia". "Tenta con todas as súas forzas conectar coa súa pel de ébano".

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia ofrece ata o 30 de xuño a exposición de pintura "Mirando o Mar" de Teresa Irisarri

1. A artista Teresa Irisarri ante o seu cadro Merlín e familia.

A sala B da Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolle ata o día 30 de xuño a exposición de pintura "Mirando ao mar" de Teresa Irisarri, na que a artista viguesa ofrece unha mostra composta por cadros de amplo formato e vivas cores, que son como fiestras polas que se pode ver un mundo máxico, cheo de seres imaxinarios inspirados en mitos primitivos e antigos contos infantís.

A exposición de pintura "Só son humano, despois de todo", de Marinela Fontoira estará na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia ata o 30 de xuño

1. Marinela Fontoira ante unha das súas obras que funde unha paisaxe abstracta cunha figura realista.

A artista plástica pontevedresa afincada en Madrid Marinela Fontoira ofrece a súa exposición de pintura "Só son humano, despois de todo" na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia ata o 30 de xuño. As obras, que ocupan as salas A e L do edificio, caracterízanse por un estilo propio no que funde paisaxismo abstracto e figuras realistas cheas de expresividade e movemento, xunto cunha gran riqueza cromática.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta mañá a presentación da festa do Corpus de Ponteareas declarada de Interese Turístico Internacional

1. De esquerda a dereita, o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega, o alcalde de Ponteareas Xosé Represas, o actor Roi Groba e a concelleira de Cultura Hortensia Bautista.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta mañá a presentación da FESTA DO CORPUS CHRISTI, organizada polo Concello de Ponteareas, e que se celebrará o domingo 18 de xuño. Nela os veciños preparan, deseñan e confeccionan vistosas e coloridas alfombras florais coas que engalanan as rúas e prazas da vila pontevedresa. Pola súa espectacularidade xa foi declarada de Interese Turístico en 1968; de Interese Turístico Nacional en 1980; e en 2009 de Interese Turístico Internacional. No acto interviñeron  o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López; o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas Giráldez; a concelleira de Cultura, Hortensia Bautista Fernández e o pregoeiro do Corpus Christi 2016, Roi Groba González.

A deseñadora, empresaria e escritora coruñesa Begoña Peñamaría presenta na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o seu libro "Claves para vestir bien sin arruinarnos en el intento"

Laura Rodríguez, Ana Rodríguez, Begoña Peñamaría e Rosa Rosado, pousan antes do acto.

A deseñadora, empresaria de moda e escritora coruñesa Begoña Peñamaría Marcos presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o seu libro "Claves para vestir bien sin arruinarnos en el intento", un manual editado por Hércules de Ediciones e prologado por Mayte González Trillo, directora do programa "Hoy por hoy A Coruña", de Radio Coruña, Cadena Ser. Nel, Peñamaría ofrece claves para que as mulleres vistan de forma adecuada en todo momento e consellos que axudan a construír un bo fondo de armario, a comprar nas rebaixas, a facer ben as maletas ou a sacarlle máis partido á roupa, entre outras cousas.

Christian Careaga presenta na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o seu último libro, "China: de la homologación a la armonía económica mundial"

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, o autor do libro, Christian Careaga, e o economista Ramón Tamames.

O doutor en Ciencias Económicas e Empresariais Christian Careaga Guzmán presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o seu último libro, "China: De la homologación a la armonía económica mundial" no que aborda, entre outras cousas, as relacións económicas entre EE.UU, a UE e China, posibles vías para o comercio mundial e os cambios esperados na política internacional chinesa.

Asomega celebra na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia unha reunión da súa Xunta Directiva e a súa Asemblea Xeral anual

O secretario de Asomega, o doutor Adolfo de la Fuente, o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, e o presidente de Asomega, o doutor Julio Ancochea.

A Asociación de Médicos Galegos en Madrid (Asomega), que preside Julio Ancochea, celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia unha reunión da súa Xunta Directiva e a súa Asemblea xeral anual. O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, deu a benvida aos directivos da Asociación e desexoulles un frutífero traballo.

Mostrando o intervalo 221 - 230 de 883 resultados.