Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 271 - 280 de 852 resultados.

Segunda xornada "Conmemoración XX Aniversario da Rúa do Peregrino", da artista María Carretero

1. De Esq a dereita, Carlos R. Cano, María Carretero, o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega, Emilio Muñoz e Ramón Jiménez.j

A Casa de Galicia, Delegación da Xunta en Madrid, acolleu esta mañá a celebración da primeira parte da segunda xornada da "Conmemoración XX Aniversario da Rúa do Peregrino, obra da artista María Carretero. Vila de Sarria-Lugo, Km 111 do Camiño de Santiago Francés", coordinadas polo arquitecto Domingo de Famara. O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa deu a benvida a cada un dos participantes, que en horario de mañá foron: o profesor de investigación emérito do CSIC e asesor da Unidade de Investigación en Cultura Científica do CIEMAT, Emilio Muñoz Ruiz; o párroco da Real Igrexa de Santiago Apóstolo e San Juan Bautista, Carlos R. Cano Alonso; a xornalista e agora hospitalera en Moratinos (Palencia), Rebekah Scott e o presidente de Demócratas Abroad Spain, Gil Carbajal.

Marcelino Oreja abre as Xornadas de "Conmemoración do XX aniversario da Rúa do Peregrino, obra da artista María Carretero", que se celebran na Casa de Galicia

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, o presidente do Consello de Estado, Romay Beccaría, María Carretero e Marcelino Oreja.

Marcelino Oreja Aguirre, presidente de honra da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas e fillo adoptivo de Santiago de Compostela abriu esta tarde as Xornadas de "Conmemoración do XX aniversario da Rúa do Peregrino, obra da artista María Carretero", que se celebran hoxe e mañá na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia, coa conferencia "Camiño de Santiago, Camiño de Europa". As Xornadas, a protagonista das mesmas, María Carretero, e o relator foron presentados polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López, nun acto que tamén contou coa participación da autora da Rúa do Peregrino -un espazo de descanso de peregrinos situado en Sarria (Lugo), no quilómetro 111 do Camiño de Santiago Francés, que inclúe un conxunto escultórico- e coa do presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, que o clausurou. Entre os asistentes achábase o coordinador das Xornadas, o arquitecto Domingo de Famara e dous dos relatores que intervirán mañá, o presidente de Demócratas Abroad Spain, Gil Carbajal, e Rebekah Scott.

A Casa de Galicia acolleu o acto informativo das xornadas "Conmemoración XX Aniversario da Rúa do Peregrino, obra da artista María Carretero" sita en Sarria

1. De esq. a d. Domingo de Famara, Gil Carbajal, o delegado da Xunta José Ramón Ónega, María Carretero, Cassio Romano, e Custodio López Zamarra.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta mañá a Rolda de prensa/Presentación das xornadas "CONMEMORACIÓN XX ANIVERSARIO DA RÚA DO PEREGRINO, OBRA DA ARTISTA MARÍA CARRETERO. Vila de Sarria-Lugo, km. 111 do Camiño de Santiago Francés", coordinadas polo arquitecto  Domingo de Famara. No acto interviñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega; o mestre Catador Custodio López Zamarra, quen estivo máis de 40 anos aconsellando viños aos comensais do primeiro restaurante español en lograr tres estrelas Michelin, o mítico Zalacaín; e a artista María Carretero, autora da Rúa do Peregrino, obra que cumpre este ano o vixésimo aniversario.

A Casa de Galicia en Madrid acolleu a conferencia "Xéneros tradicionais da Música Galega" con interpretacións en directo á que acudiron máis dun centenar de persoas

1. De esq. a dereita, Fernando Molpeceres, Ramón Jiménez, e Ángel Hernando en primeiro termo con Cristian Díaz, Estefanía Prada, Óscar Fernández, Darío Nogueira e Antonio Seoane, na Escaleira da Casa de Galicia.

"Eu prefiro chamala charla didáctica", dixo o mestre gaiteiro pola Real Banda da Deputación de Ourense Fernando Molpeceres Álvarez, en alusión á conferencia que pronunciou baixo o título "Xéneros tradicionais da Música Galega", froito dos intensos estudos sobre as manifestacións da Cultura Galega e a experiencia de anos impartindo clases de gaita; un acto que se realizou  en colaboración coa Asociación de Música e Investigación Albedro e a súa Banda de Gaitas Lume de Biqueira.

O Concello de Ourense presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa campaña turística "Ourense, un Plan Perfecto"

Pumar, o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, o alcalde de Ourense, Jesús Álvarez, e Santiso..

A Casa de Galicia en Madrid, presidida polo delegado da Xunta de Galicia na capital de España, José Ramón Ónega, acolleu esta mañá a presentación da campaña promocional deseñada polo Concello de Ourense que leva por título "Ourense, un Plan Perfecto" e que será visible en mupis de Ponferrada, Santiago, A Coruña, León e, sobre todo, de Madrid, onde se concentrarán en Atocha, Chamartín e a parada de metro da T4. A campaña engloba accións promocionais do Festival de Cinema, o Concurso de Petiscos "Sabores de Ourense", o Samaín, os Magostos e os recursos termais, patrimoniais, culturais e comerciais da cidade. Ademais, do 27 de outubro ao 9 de novembro, os billetes de tren con destino a Ourense desde Madrid terán un 30% de desconto, grazas a un acordo de Renfe co Concello.

Presentan na Casa de Galicia o libro "Epigramas [2015"] , do coruñés Ramiro Facal, editado por Huerga & Fierro

Antonio J. Huerga, Ramiro Facal, o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, Carlos G. Reigosa e Darío Facal.

Na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia presentouse esta tarde o libro "Epigramas [2015]", unha obra do poeta e economista coruñés Ramiro Facal editada por Huerga & Fierro Editores, na que o autor fai crítica social, en verso, do que acontece en España e no resto do mundo partindo de noticias publicadas na prensa española de ámbito nacional, sobre as que cada día elabora un epigrama ou composición poética breve e aguda que expresa un motivo festivo ou satírico. Na presentación interviñeron o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, o autor da obra, o seu fillo, o poeta, director de teatro e dramaturgo Darío Facal, o xornalista e escritor Carlos G. Reigosa e o editor Antonio J. Huerga.

"Oportunidades de negocio en África", xornada empresarial organizada por AEGAMA na Casa de Galicia en Madrid

1. De esquerda a dereita Julio Lage presidente de AEGAMA, Grace Obado, conselleira do Instituto Choiseul e Eduardo Olier, presidente do Instituto Choiseul en España.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a Xornada "Oportunidades de negocio en África", organizada por AEGAMA (Asociación de Empresarios Galegos en Madrid) en colaboración co Instituto Choiseul, co obxectivo de analizar os actuais novos nichos de mercado. Na sesión interviñeron o presidente de AEGAMA Julio Lage, presidente do Consello Social da Universidade Politécnica de Madrid e vicepresidente executivo do Instituto Choiseul; Eduardo Olier, presidente do Instituto Choiseul en España;  e Grace Obado, conselleira do Instituto Choiseul, directora de Africa 2.0, e directora para África do Instituto Choiseul, quen falou das oportunidades que abren algúns países africanos para empresas españolas.

O Pergamiño Vindel, que contén íntegra a obra de Martin Codax é o único testemuño de cantigas de amigo con notación musical

1. De esquerda a dereita, Mariña Arbor, o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega, o embaixador de Serbia Danko Prokic e o editor Manuel Moleiro.

"A importancia do Pergamiño Vindel radica non só no feito de que contén a obra íntegra do xograr galego Martin Codax, senón en que é o único testemuño conservado de cantigas de amigo con notación musical", dixo Manuel Moleiro na conferencia, organizada pola súa editorial baixo o título "O Pergamiño Vindel: un enigma desvelado", que pronunciou na delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a profesora da Universidade de Santiago de Compostela Mariña Arbor Aldea, coincidindo coa exposicición que pode verse na Casa ata o 28 deste mes: "Tesouros bibliográficos (S.X-XVI): a arte e o xenio ao servizo do poder", que inclúe un clon do Pergamiño, a obra máis importante da lírica galego-portuguesa (Cantigas de amigo de Martin Codax).

"Ángeles" exposición de gravados do artista serbio Veljko Mihajlovic, na Casa no mes de outubro

1. De esquerda a dereita Ana Milutinovic, o embaixador Danko Prokic, o autor Veljko Mihajlovic. o ex ministro César Antonio Molina e o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a inauguración da mostra "Ángeles" do artista serbio Veljko Mihajlovic, un acto que contou coa intervención do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega; do embaixador de Serbia en España, Danko Prokic; do ex ministro de Cultura e actual director da Casa do Lector de Madrid, César Antonio Molina; da responsable cultural da Embaixada de Serbia Ana Milutinovic, e do propio autor. A exposición, que poderá verse na Casa ata o 28 de outubro, está programada con ocasión do Centenario do establecemento das relacións diplomáticas entre España e Serbia.

A Casa de Galicia acolle a presentación en Madrid do clon do Pergamiño Vindel realizado por M. Moleiro

Manuel Moleiro, Mariña Arbor e o delegado da Xunta, José Ramón Ónega.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolle un relevante evento cultural: a presentación en Madrid do clon do Pergamiño Vindel, o testemuño máis valioso da lírica trovadoresca galego-portuguesa, que contén as Cantigas de amigo de Martin Codax, realizado pola prestixiosa firma editorial M. Moleiro. Poderá admirarse desde hoxe e ata o próximo día 28 nas instalacións da Casa xunto a unha exquisita selección de máis dunha vintena de obras mestras da arte da iluminación, clonadas por Moleiro, que compoñen a mostra "Tesouros bibliográficos (s.X-XVI): a arte e o xenio ao servizo do poder".

Mostrando o intervalo 271 - 280 de 852 resultados.