Actualidade

Mostrando o intervalo 331 - 340 de 861 resultados.

A Casa de Galicia acolle a exposición fotográfica "Unha mirada", sobre os primeiros traballos de Gonzalo Hernández-Vallejo

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, intervén flanqueado polos doutores Hernández-Vallejo e Pérez Vázquez e os profesores Sánchez-Soto e Zarza.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolle desde hoxe e ata o próximo día 29 a exposición fotográfica "Unha mirada", sobre os primeiros traballos do cinematógrafo e fotógrafo Gonzalo Hernández-Vallejo, imaxes que o autor define como "interrelacionadas mediante a xeometría e a cor".

Presentado na Casa o estudo "Turismo Termal en España" no que destaca Galicia como primeira potencia

1. De esquerda a derita, Mario Crecente, o delegado da Xunta José Ramón Ónega, Manuel Baltar, Fernando Bayón e Javier Guillén FOTO ALBERTO PAZ.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta mañá a presentación do estudo "Turismo Termal en España" na que interviñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega; o autor da publicación "Turismo Termal en España", Mario Crecente; o director xeral da Volta a España 2016, Javier Guillén; o director xeral da Escola de Organización Industrial (EOI), Fernando Bayón; e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. O acto contou coa asistencia de máis dun centenar de persoas, especialmente de medios de comunicación e profesionais do sector turístico.

A Casa de Galicia acolle a reunión do Comité Directivo da Acción Europea "Cost Water_2020"

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, e o catedrático da USC Juan M. Lema ante os membros do Comité.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a reunión do Comité de Dirección da Acción Europea "Cost Water_2020", unha rede de tratamento de auga. O Comité, órgano executivo da Acción, está composto por nove membros dirixidos polo coordinador da iniciativa, o catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Juan M. Lema Rodicio, aos que deu a benvida ás instalacións da Casa o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da mesma, José Ramón Ónega López.

Emilio Fernández Suárez disertou sobre o "Campus do Mar", "unha agregación estratéxica transfronteiriza para a excelencia"

Fernández Suárez nun momento da súa disertación.

O profesor Emilio Fernández Suárez, investigador e director do Campus de Excelencia Internacional "Campus do Mar", clausurou hoxe o ciclo de conferencias "Galicia á vangarda da investigación mariña" que se desenvolveu na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, coordinado polo doutor Antonio Villalba García (investigador do Centro de Investigacións Mariñas, Xunta de Galicia, Vilanova de Arousa) co obxectivo de "divulgar a excelencia e a transcendencia da actividade investigadora como xeradora de innovación e actividade económica e como foco de atracción e irradiación internacional na formación de investigadores". Fernández Suárez pechou o ciclo coa conferencia "O Campus de Excelencia Internacional Campus do Mar. As capacidades de investigación e formación mariña de Galicia proxectadas cara ao mundo", na que mantivo que este organismo supón "unha agregación estratéxica transfronteiriza para a excelencia".

Asomega celebrou a súa Asemblea Xeral na Casa de Galicia en Madrid

Un momento da reunión.

A Asociación de Médicos Galegos en Madrid (Asomega) celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a súa Asemblea Xeral anual correspondente a 2016. Nela sucedeu na Presidencia a Melchor Álvarez de Mon Soto o anterior vicepresidente primeiro Julio Ancochea Bermúdez.

Vicente Araguas presentou na Casa "AGORA XA FOI" reeditada despois de quince anos por Edicións Embora

1. Vicente Araguas, Ramón Jiménez e Francisco Rodríguez.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación da novela "Agora xa foi" do escritor, poeta e crítico literario Vicente Araguas, reeditada pola ferrolá Edicións Embora, quince anos despois de que o fixese Laiovento no 2000. A obra, que está chea de tenrura, humor, amor, escepticismo e distanciamento desenvólvese en só tres días en diferentes lugares da cidade de Ferrol, e está protagonizada por un grupo de mozos militares de esquerda que traman nos anos setenta unha acción política, aproveitando un encontro de fútbol do Racing de Ferrol no antigo campo Manuel Rivera, máis coñecido polo nome do barrio no que estaba, o Inferniño.

Siro López Lorenzo: "Cervantes era de orixe galega, pero non galego nin sanabrés de nacimiento"

1. O conferenciante Siro e o coordinador da Casa Ramón Jiménez.

"Cervantes era de orixe galega pero de nacemento non era nin galego nin sanabrés" dixo de forma contundente o xornalista, escritor e artista plástico ferrolán Siro López Lorenzo, na conferencia que pronunciou baixo o título "¿Cervantes galego?" na delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia, coa que esta institución sumouse aos numerosos actos conmemorativos do IV centenario da morte do universal autor do Quixote, programados en toda España, nesta semana das letras, na que tamén se entrega o prestixioso premio Cervantes no Paraninfo da Universidade de Alcalá.

O presidente do CGCEE, Eduardo Dizy, presenta na Casa de Galicia o libro "CGE-CGCEE. 25 Primeros años", de María Luisa Clemente

1. De esq. a d. Cristóbal Valdés, Marina del Corral, María Luisa Clemente, o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega, Aurelio Miras, e Eduardo Dizy.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación do libro "CGE-CGCEE. 25 PRIMEROS AÑOS", unha obra en dous tomos sobre os debates e traballos realizados polo Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior (CGCEE), órgano consultivo dos españois que residen fóra das fronteiras nacionais, que comezou a súa andaina como Consello Xeral da Emigración. Na presentación participaron, ademais da autora, o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega López, o presidente do CGCEE, Eduardo Dizy e a secretaria xeral de Inmigración e Emigración, Marina del Corral Téllez.

Mª Victoria Veguín propón na Casa o potenciar a Vía Láctea como Camiño de peregrinos

1. María Victoria Veguín e Ramón Jiménez.

A catedrática de Matemáticas María Vitoria Veguín Casas propuxo unha campaña que vincule a Vía Láctea co Camiño de Santiago, xa que, ao seu parecer, o ceo é "unha materia pendente das institucións que promocionan o Camiño", que poderían crear pequenos observatorios para os peregrinos en lugares con baixa contaminación lumínica. Mesmo apuntou o título da posible campaña: "Peregrino elixe a túa estrela", inspirándose nas antigas crenzas do pasado que asociaban unha alma cunha estrela.

Salgado enxalza na Casa a actividade do INTECMAR, considerado referencia mundial no control dos ecosistemas marinos

  De esquerda a dereita, Covadonga Salgado, Rosa Quintana, José Manuel Romay, José Ramón Ónega e Antonio Villalba.

A  directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR), Covadonga Salgado, impartiu esta tarde a conferencia "O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR), referencia internacional no control dos ecosistemas mariños". No relatorio, enmarcado no ciclo "Galicia á vangarda da investigación Mariña" e organizado pola Casa de Galicia en Madrid, a directora do instituto deu a coñecer as funcións de control dos ecosistemas mariños que desenvolve este centro oficial da Administración Autonómica de Galicia, considerado un referente mundial na materia.

Mostrando o intervalo 331 - 340 de 861 resultados.